Nesta nova reunión valoramos as nosas lecturas deste trimestre.
Polo que respecta ao libro de Dolores Redondo, O gardián invisible,
todos os que o lemos encontrámolo extraordinario e decidimos seguir co
2º volume da triloxía, Legado nos ósos.
Polo que respecta ao libro de Fernando Cimadevila, O mundo secreto de
Basilus Hofman: O ladrón de soños, tamén foi valorado como unha achega
orixinalísima a literatura fantástica en galego. Continuaremos tamén co
2º volume, Un faro na escuridade.
Deixamos aquí algunhas fotos da reunión dese día no que tamén valoramos algunhas das propostas individuais de lectura feitas polos mebros do noso Club: Eva Olveira falounos da triloxía de Los juegos del hambre de Suzanne Collins.
Alba Méndez presentounos outra triloxía, esta de Kerstin Gier: Rubí, Zafiro e Esmeralda.
E Alberto Angües recomendounos un libro: Cielo rojo, de David Lozano Garbala .
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...

-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
-
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A mai...
-
O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. O equipo da Biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas, para que poida...