Foi esta curiosidade, e o feito de que Anxo fose tamén membro do noso Club, a que nos levou a proponer esta reunión do noso Club centrada exclusivamente nesta obra.
O encontro comezou cunha presentación do propio autor, na que explicou o seu sistema de traballo como escritor, as súas temáticas preferidas e a súa visión do propio feito literario e do subxénero no que el incluiría a súa obra.
A seguir, desde os membros do Club xurdiron cuestión relativas aos coñecementos científicos profundos detectados no libro (e que moito sorprenderon por tratarse Anxo dun profesor de Lingua Galega), ao papel das linguas nun hipotético mundo futuro, a relación da súa obra coa doutros autores clásicos como Asimov, a importancia da memoria como elemento fundamental que configura a identidade do ser humano... A verdade é que foi una charla amena e distendida e que á maioría de nós nos soubo a pouco... ¡Graciñas, Anxo!