Despois do "intenso" inicio de actividades do Club en outubro, a reunión de novembro tivo un carácter máis distendido e estritamente literario co inicio da valoración das lecturas escollidas.
Empezando polas lecturas en galego, todos os membros do Club coincidiron en sinalar como moi pertinente e axeitada a lectura do poemario Terra Chá de Manuel María (realizada pola totalidade dos membros do Club), por canto nos permitiu completar a lectura coa visita á Fundación Manuel María, onde se nos ofreceu una perspectiva moi ampla da vida e obra deste autor.
Respecto á 2ª das lecturas en galego, Morena,perigosa e románica, de Pedro Feijoo, escollida pola maioría do profesorado e por algún dos alumnos, coincidimos en sinalar a sorpresa inicial debida ás diferenzas cos libros anteriores do autor e o uso da comicidade como elemento central da novela. A este respecto, algún dos alumnos do Club que non estaban o curso pasado escolleron a lectura das novelas anteriores do autor, como Memoria da Choiva, e iniciaron un debate moi interesante respecto das similitudes e diferenzas co texto máis novo.
Respecto das lecturas en castelán, nesta reunión valorouse Percy Jackson y el ladrón del rayo, de Rick Riordan (1º vol. da saga) que foi a escolla maioritaria entre o alumnado do Club. Deste texto realizamos un primeiro achegamento na que se puxeron de manifesto aspectos como a reutilización dos mitos clásicos gregos, as similitudes con outras sagas xuvenís (Harry Potter) ou a posibilidade de conectar estes mitos coa actualidade.
Respecto á 2ª lectura en castelán, os volumes Historia de Dark e Historia de Lynda (Odio el rosa 2), só nos deu tempo a realizar un breve comentario de Historia de Dark por parte dunha das alumnas do Club.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...

-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
-
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A mai...
-
O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. O equipo da Biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas, para que poida...