O luns 20 reunímonos na Biblioteca do IES Terra de Soneira para poñer en común as nosas primeiras impresións sobre as lecturas deste trimestre. Así, a saga Eragón está entre as preferidas do alumnado, que a escolleron pola maxia e a aventura. Na nosa conversa sobre este clásico da literatura fantástica apareceron as relacións con outras obras deste xénero, como "El señor de los anillos" e comparamos os mapas dos 2 libros:
Pero tamén atopamos semellanzas con "Juego de tronos", no nome do personaxe de Arya: a Arya de Eragon é unha elfa e a de "Juego de tronos" é a filla máis nova de E. Stark:
Por outra banda, o libro de Ángelo Brea está sendo toda unha sorpresa para o alumnado e tamén para o profesorado, quen valoran moi positivamente este achegamento á lectura da ficción científica. Por este motivo, e a proposta dos membros do Club, a última reunión deste curso (prevista para o luns 8 de xuño) será unha charla-coloquio con Anxo Brea para suscitarlle todas as preguntas sobre esta obra:
Algúns dos membros do noso Club, como Gala Cernadas, tamén aproveitaron a reunión para falarnos dunha das súas lecturas e recomendárnola. Trátase de "A evolución de Calpurnia Tate" (2009) de Jacqueline Kelly, recentemente traducida ao galego e que Gala valoroa especialmente por presentar outro modelo de rapaza. Aquí deixamos tamén o enlace a unha valoración desta obra feita por Agustín Fernándéz Paz
Rematamos a nosa reunión coa preparación da visita cultural a Santiago de Compostela, o día 6 de maio, e establecendo o Calendario das últimas reunións (luns 8 e 15 de xuño).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...

-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
-
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A mai...
-
O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. O equipo da Biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas, para que poida...
Ningún comentario:
Publicar un comentario