O libro de lectura do 2º cuadrimeste foi Contos de fantasmas no Museo, editado polo Museo Provincial de Lugo e que recolle relatos de Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Anxo Fariña e Carlos Negro. O libro é de descarga gratuíta na propia web do Museo no enderezo: http://www.museolugo.org/publicacions.asp?mat=92 e posteriormente é instalado nos dispositivos electrónicos da Biblioteca.
Na reunión do 18 de febreiro fíxose entrega dos dispositivos e dos libros en papel ao alumnado do Club e realizouse unha sesión de lectura electrónica para familiarizar ao alumnado con este tipo de lectura (en táblet ou en e-reader).
Aquí deixamos unha foto:
As seguintes reunións do Club tiveron lugar o 11 de marzo e o 8 de abril. O día 27 de abril, no marco dos actos da Semana do Libro, o alumnado de 1º da ESO realizou unha visita ao Museo Provincial de Lugo para facer as 4 Rutas literarias baseadas nos 4 relatos do libro. Nesta actividade, os membros do Club de Lectura actúan como guías dos seus compañeiros no desenvolvemento da actividade.
O día 6 de maio tivo lugar a última reunión do ano e nela fíxose unha valoración das actividades desenvolvidas. O que máis estiman os alumnos do Club son as actividades coas que se pechan as lecturas dos libros (concurso de sobremesas e viaxe a Lugo) e que explican a súa repetición ao longo da existencia deste Club.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...

-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
-
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A mai...
-
O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. O equipo da Biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas, para que poida...
Ningún comentario:
Publicar un comentario