Esta tarde celebramos a nosa xuntanza de novembro, na que comentamos o libro proposto e tamén tivemos un pequeno coloquio sobre a película que a maioría de nós vimos.
Tanto o libro como a película tiveron moito éxito. Varios de nós xa o leramos e, despois da relectura, estivemos de acordo en que é desas novelas que resisten o paso do tempo.
Nos últimos minutos, como é habitual, presentamos a proposta da seguinte lectura.
Como o próximo mes de decembro hai avaliacións e polo tanto pouco tempo para ler e mesmo para reunións, acordamos deixar a seguinte reunión para a volta das vacacións de Nadal, así que:
Reunirémonos de novo o día 13 de xaneiro.
Pero como temos por diante todo o mes de decembro, e as dúas semanas de vacacións, e polo tanto algo máis de tempo propoñemos dous libros:
- Unha novela que segue a plan de lectura proposto, pois trata da lectura e a transformación que pode facer nunha persoa, unha lectora que, efectivamente, é moi pouco común, pois trátase nada máis e nada menos que dunha raíña:
- E para saír un pouco do tema, e ao mesmo tempo ler algo que non sexa sempre narrativa, propoñémosvos unha pequena obra de teatro dunha autora actual e galega, moi coñecida por todos, como é Paula Carballeira. A obra fálanos da figura dun personaxe histórico, a mestra María Barbeiro, a través das lembranzas de dúas das súas antigas alumnas: