luns, 16 de setembro de 2024

IMOS ALÓ!

 

IMOS ALÓ!

    Gústache ler? 

    Gústache falar, comentar as túas lecturas, escoitar os comentarios doutras persoas, e recomendar ou suxerir libros ou cómics a outros? 

    Gústache ver e comentar películas ou obras de teatro relacionadas coas túas lecturas? 

    Gústache coñecer autores e autoras, que nos visiten e falen con nós ou que nos acompañen en rutas literarias? 

Gústache relacionarte con rapaces e rapazas doutros cursos, ou con profesores e profesoras e outras persoas adultas, falando e comentando de igual a igual?

Entón a biblioteca e os seus clubs de lectura estante agardando!


  •  Podes participar no Club de Lectura Letraferit, que a partir deste curso coordina Jose, o profe de música. Deste club poden formar parte todas as persoas -alumnado, profesorado, persoal non docente- que o desexen.

Reunímonos na Biblioteca un luns ao mes, a partir de outubro, entre as 15:30 e as 16:30, para comentar as nosas lecturas, propoñer outras, e ás  veces tamén para outras actividades.

Para inscribirte ou para máis información, podes falar cos profesores Jose, Rocío ou Ana de inglés.

  • Tamén podes participar no Club Akira, de manga, que se reúne nos recreos segundo as convocatorias que vos vaia facendo o profesor Jose, que ´´é o seu coordinador. 

Podes inscribirte na Biblioteca, usando as follas de inscrición que atoparás alí.

ANÍMATE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

ATA SETEMBRO!

  Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...