luns, 30 de setembro de 2024
PRESENTACIÓN E OUTRAS COUSIÑAS
luns, 16 de setembro de 2024
IMOS ALÓ!
IMOS ALÓ!
Gústache ler?
Gústache falar, comentar as túas lecturas, escoitar os comentarios doutras persoas, e recomendar ou suxerir libros ou cómics a outros?
Gústache ver e comentar películas ou obras de teatro relacionadas coas túas lecturas?
Gústache coñecer autores e autoras, que nos visiten e falen con nós ou que nos acompañen en rutas literarias?
Gústache relacionarte con rapaces e rapazas doutros cursos, ou con profesores e profesoras e outras persoas adultas, falando e comentando de igual a igual?
Entón a biblioteca e os seus clubs de lectura estante agardando!
- Podes participar no Club de Lectura Letraferit, que a partir deste curso coordina Jose, o profe de música. Deste club poden formar parte todas as persoas -alumnado, profesorado, persoal non docente- que o desexen.
Reunímonos na Biblioteca un luns ao mes, a partir de outubro, entre as 15:30 e as 16:30, para comentar as nosas lecturas, propoñer outras, e ás veces tamén para outras actividades.
Para inscribirte ou para máis información, podes falar cos profesores Jose, Rocío ou Ana de inglés.
- Tamén podes participar no Club Akira, de manga, que se reúne nos recreos segundo as convocatorias que vos vaia facendo o profesor Jose, que ´´é o seu coordinador.
Podes inscribirte na Biblioteca, usando as follas de inscrición que atoparás alí.
ANÍMATE!
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...

-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
-
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A mai...
-
O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. O equipo da Biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas, para que poida...