Os pasados luns 12 e 19 reunímonos na Biblioteca para visualizar a versión cinematográfica dunha das nosas lecturas do 1º trimestre do curso, Las ventajas de ser un marginado. Na 2ª sesión, finalizada a visualización, xurdiron moitas cousas interesantes sobre o tratamento dos personaxes, a verosimilitude da historia, a importancia da literatura é da música que se pon de manifesta tanto na versión escrita coma na cinematográfica... Foi una experiencia moi gratificante que esperamos poder repetir.
A vindeira reunión será o luns 2 de febrero. Nela prepararemos a visita do escritor Pedro Feijoo, de quen lemos, tamén no 1º trimestre, Os fillos do mar, e que terá lugar o 9 de febreiro.

Ningún comentario:
Publicar un comentario