luns, 25 de outubro de 2021

ITINERARIO LECTOR: GRANDES VIAXES

 Na nosa primeira xuntanza faremos, entre outras cousas, a presentación do itinerario lector que suxerimos para este curso, arredor do tema das grandes viaxes, expedicións ou aventuras, unhas históricas e outras ficticias... ou ambas mesturadas, que tamén as hai.

Imprimimos algún tríptico, pero moi pouquiños para evitar o gasto excesivo de papel e tinta.

Por iso nos pareceu boa idea reproducir aquí o seu contido, así sempre o teredes á man se o queredes consultar.

Esta é a cara exterior:


E esta, a interior:


 ESPERAMOS QUE VOS GUSTE E QUE LEADES MOITO!

1 comentario:

  1. Eu vou ler El médico de Noah Gordon, xa o lin hai tempo e gustoume moito. Voulle dar unha segunda lectura.
    Ana Penedo

    ResponderEliminar

O QUE IMOS LER ESTE MES É...

  Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...