Hoxe xuntámonos para comentar as últimas lecturas. Por certo, aproveito para lembrarvos que, sobre todo se non podedes vir á reunión ou se o tempo se da xuntanza se nos fai pequeno e non dá tempo de dicir todo o que desexariamos, podedes poñer aquí os vosos comentarios, se o desexades.
Ademais de comentar os dous libros lidos, presentamos a nosa proposta para o que queda deste mes.
Esta vez a proposta é múltiple, pois o próximo día 27 contaremos coa presenza de Pedro Feijoo, co que falaremos un pouco do conxunto da súa obra.
Como a súa última novela xa a lemos varios de nós o curso pasado, pero non todos, e como tamén hai algunha persoa que lle falta por ler algunha das anteriores, decidimos propoñer que cadaquén escolla a obra ou obras deste autor que mellor lle preste ler.
Vémonos en dúas semaniñas!
PRÓXIMA XUNTANZA: LUNS 27 DE XANEIRO
CON PEDRO FEIJOO
Ningún comentario:
Publicar un comentario