Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero
CLUB DE LECTURA
martes, 17 de xuño de 2025
ATA SETEMBRO!
martes, 27 de maio de 2025
E PARA REMATAR, CONVERSA CO ULTIMO AUTOR DESTE CURSO
O próximo día 16 de xuño celebraremos a nosa última reunión deste curso.
Para rematar, unha distopía: Púrpura Tero, a primeira novela de David Cortizo.
Ademais de conversar co seu autor, clausuraremos o curso cun cafeíño e uns doces.
Non faltedes!
luns, 26 de maio de 2025
HOXE VISITOUNOS PEPE CARBALLUDE
O profesor e novelista Pepe Carballude falounos desta novela, do seu tema central, a inmigración e os problemas colaterais que sofren as persoas que deixan a súa terra para buscar un futuro mellor noutro país ou mesmo noutro continente.
Falounos da súa propia experiencia como fillo de emigrante, e de galegos ilustres que se viron obrigados a facer o meso, ben por necesidade económica ou fuxindo da persecución política, Citou varios deles, pero centrouse en varios exemplos como Neira Vilas ou Luís Seoane, aos que coñeceu, e contou algunha anécdota protagonizada por estes dous grandes da nosa cultura.
Como despois da nosa xuntanza tiña un encontro co alumnado de 1º da ESO e o de latín de BAC, para falar da vida dos antigos romanos, aproveitamos para comentar tamén outro dos seus libros, de non ficción, que tamén leramos:
martes, 29 de abril de 2025
PARA O MES DE MAIO...
Antes de marchar de ponte deixámosvos uns avisos:
- En primeiro lugar, lembrámosvos que o próximo día 13 temos outra presentación relacionada coas Letras Galegas e as cantareiras homenaxeadas: esta vez trátase do Cancioneiro Galego Serodio, de Xabier Díaz.
- E o luns 26, día da próxima reunión do noso club, contaremos coa presenza do autor Pepe Carballude, co que falaremos da súa última novela, En terra allea... e algunha máis.
luns, 28 de abril de 2025
HOXE BUSCAMOS TESOUROS NA RÍA DE VIGO
Na reunión de hoxe dedicamos bastante tempo a comentar a última novela de María Oruña, da que houbo opinións bastante dispares, desde a quen lle encantou a trama en si, e a idea de recrear a batalla de Rande e todo o seu contexto histórico, ata quen considerou a historia e as relacións entre os personaxes bastante previsibles.
As descricións detalladas de varios lugares e edificios da cidade de Vigo lembrounos unha obra de Pedro Feijoo, "Camiñar o Vigo vello", da que tamén falaramos no encontro co este autor o pasado mes de xaneiro.
Non nos deu tempo de falar da peza teatral de Domingo Villar que tamén leramos para hoxe. Esperamos que nalgunha das dúas xuntanzas que nos quedan poidamos comentala.
martes, 22 de abril de 2025
luns, 31 de marzo de 2025
HOXE FALAMOS DE FOENKINOS
A BIBLIOTECA DOS LIBROS REXEITADOS
Hoxe falamos de "La biblioteca de los libros rechazados", do escritor francés David Foenkinos, que o publicou co título orixinal de "Le mystère Henri Pick". Unha novela na que a protagonista é outra novela, supostamente escrita por un home que, segundo a súa viúva, non leu un libro na súa vida, e moito menos o escribiu. Sobre esta dúbida desenvólvese toda unha trama que nos fai reflexionar sobre o mundo editorial, e sobre o márketing que o rodea.
Para o próximo mes descansamos do tema dos libros, escritores, bibliotecas e editoriais e saltamos á novela histórica. Propoñemos a última novela de María Oruña: O albatros negro, unha novela que se ambienta en Vigo e Redondela, e recrea, entre a historia e a ficción, o tempo da batalla de Rande.
E como imos ter algo máis de tempo, pois veñen as vacacións de Semana Santa, engadimos outra proposta. Esta vez volvemos a ler teatro, na obra póstuma dun dos nosos autores máis queridos: Domingo Villar. Síbaris é o seu titulo.
Vémonos de novo o 28 de abril.
Boas lecturas!
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...

-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
-
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A mai...
-
O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. O equipo da Biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas, para que poida...