venres, 2 de febreiro de 2018

Visita do escritor Hector Cajaraville (24 xaneiro 2018)

O escritor Hector Cajaraville visitou o IES Terra de Soneira o día 24 de xaneiro para manter un encontro co alumnado do 1º ciclo da ESO a propósito da súa obra 'Denébola a Roxa' (2016).


 Neste encontro, organizado pola Biblioteca e o Departamento de Lingua Galega, houbo tamén tempo para as preguntas sobre "A caixiña dos rancores" da man dos alumnos de 2º da ESO que leron esta obra no Club de lectura. De feito, as encargadas de presentarlles o escritor aos compañeiros foron precisamente María Villaverde e Nerea Rojo. Este quedou gratamente sorprendido ao recitaren as alumnas un poema do seu poemario inéidto Cordura transitoria (de descarga gratuíta no blog do autor), afirmando que estaba abraiado de que o coñecesen.


No encontro houbo momentos para que Cajaraville nos falase da súa traxectoria como autor e das súas principais inquedanzas neste sentido e tamén houbo lugar para responder ás cuestións suscitadas polo alumnado.


Despois do encontro, ao que tamén asistiron outros membros do Club, houbo tempo para que o autor asinara libros para o alumnado e recibise, tamén das mans de Nerea e María, un agasallo consistente nunha libreta e unha pluma dedicadas polo alumnado.


LEMBRADE QUE O LUNS 19 TEMOS XUNTANZA E VISITA

Non esquezades que o próximo luns temos a nosa última xuntanza deste curso, para comentar a novela Non temerás os coches amarelos, de Marta ...