luns, 24 de novembro de 2014

Próxima reunión do Club de Lectura o 1 de decembro

O vindeiro luns 1 de decembro reunirémonos na biblioteca no horario habitual (3.30 a 4.30) para facer a primeira posta en común das lecturas escollidas para este trimestre.

domingo, 2 de novembro de 2014

1º reunión do curso 2014-2015

Na tarde do luns 22 de outubro reunímonos na Biblioteca do IES Terra de Soneira coa intención de comezar oficialmente as actividades do noso Club de Lectura. Empezamos coa presentación de 3 propostas de lectura feitas por outros tantos membros do Club: Eva Olveira presentounos "Las ventajas de ser un marginado", una novela epistolar norteamericana da autoría de Stephen Chbosky  e que conta cunha versión cinematográfica do mesmo título estrenada no ano 2012.





A segunda proposta de lectura foi feita por Alexandre Pazos, quen nos presentou  un proxecto narrativo transmedia da editorial Oxford "Odio el rosa". Trátase dunha saga de literatura xuvenil da autoría de Ana Alonso e Javier Pelegrín que combina a lectura en formato tradicional coa lectura a través de medios dixitais na páxina web www.odioelrosa.com. Ata o momento o proxecto conta con 2 títulos: "Historia de Sara" e "Historia de Dani".

















A terceira proposta de lectura veu da man de Gala Cernadas: "Just listen", de Sarah Dessen é una novela xuvenil protagonizada por Annabel Green, a rapaza que o ten todo... aparentemente.














Pola súa banda, a coordinadora do Club presentou dúas propostas de lectura, unha para as novas incorporacións ao Club deste curso e outra para os membros máis veteranos: a primeira proposta de lectura sería a triloxía de Batzan de Dolores Redondo (composta por "O gardián invisible" e "Legado nos ósos"), xa lida por nós o curso pasado, posto que está prevista a saída do 3º libro "Ofrenda á tormenta" para finais de novembro de 2014 e sería a nosa lectura para o 2º trimestre.




A segunda proposta sería "Os fillos do mar" (2012), de Pedro Feijoo. Esta exitosa novela obtivo o Premio Literario ''Arcebispo Juan de San Clemente'' 2013 e o Premio Literario Frei Martín Sarmiento 2014 e ten consolidado ao seu autor como unha das promesas da narrativa galega contemporánea.





Despois das presentacións, os membros do alumnado escolleron maioritariamente o proxecto "Odio el rosa" (9), seguido de "Las ventajas de ser un marginado" (2 alumnas e 1 profesora). En canto ao profesorado, a novela de Pedro Feijoo vai ser lida por 5 profesoras e 2 alumnas e o resto do profesorado lerá as novelas de Dolores Redondo.

A nosa vindeira reunión será a última semana de novembro ou a primeira de decembro.
 

Presentación do curso 2014-2015

Comezamos novo curso académico e con el as actividades do noso Club de Lectura. Este ano seguimos as mesmas persoas do curso pasado e temos novas incorporacións. Entre o alumnado, temos 13 membros: Eva Olveira e Nerea Rial (2º da ESO); Nuria Agra, Gala Cernadas, Marina García e Cristian Trillo (3º da ESO); Alberto Angües, Salomé González, Natalia Lema e Laura Roget (4º da ESO); Hellen Cristina e Alba Méndez (2º de Bach) e Alexandre Pazos (1º CSAF). Entre o profesorado, temos 10 membros: Anxo Brea e Mª Jesús Barbeira (dpto. Lingua Galega), Ana Penedo (Tecnoloxía), Carmen Rama (Latín), Ana Ramos (Administración), Isabel Regueiro (Física), Marina Rial (Orientación), Rocío Romero (Francés), Carmen Sanjurjo (Lingua castelá) e a coordinadora (Teresa Araújo).

Comezaremos as nosas actividades o luns 22 de outubro no horario habitual (3.30 a 4.30) coas presentacións das lecturas para o 1º trimestre deste curso e a escolla por parte dos membros do Club.

LEMBRADE QUE O LUNS 19 TEMOS XUNTANZA E VISITA

Non esquezades que o próximo luns temos a nosa última xuntanza deste curso, para comentar a novela Non temerás os coches amarelos, de Marta ...