luns, 25 de novembro de 2013

Letraferit Soneira 2013-2014



INICIAMOS NOVA ANDAINA!!

O Club de Lectura Letraferit do IES Terra de Soneira de Vimianzo inicia una nova andaina neste 2º ano de existencia. Novos membros e novos libros. Neste curso, moderados pola profesora Teresa Araújo participan no Club 12 alumnos (Eva Olveira (1º da ESO), Marina García, Nuria Agra, Gala Cernadas e Nerea Rial (2º da ESO), Natalia Lema, Salomé González, Laura Roget e Alberto Angües (3º da ESO), Hellen Cristina (1º BACH), Alba Méndez (2º BACH) e Alexandre Pazos (2º CMXA)), 6 profesores (Carmen Sanjurjo, Chus Barbeira, Anxo Brea, Isabel Regueiro, Rocío Romero e a coordinadora) e 1 membro do persoal non docente (María Bargo).





O día 21 de outubro tivemos a 1ª reunión para coñecérmonos e nela acordamos comezar neste 1º trimestre do curso coa triloxía de Laura Gallego Memorias de Idhún. Empezamos co 1º volume da triloxía: 'La resistencia' e reunímonos o 25 de novembro para facer a 1ª posta en común.




LEMBRADE QUE O LUNS 19 TEMOS XUNTANZA E VISITA

Non esquezades que o próximo luns temos a nosa última xuntanza deste curso, para comentar a novela Non temerás os coches amarelos, de Marta ...