martes, 9 de decembro de 2014

Reunión do 1 de decembro

Na pasada reunión do Club fixemos a 1ª valoración das lecturas deste trimestre: os 9 lectores do proxecto 'Odio el rosa' (Historia de Dani / Historia de Sara) valoran moi positivamente as lecturas, en especial, todo o apoio audiovisual que ten este proxecto (as cartas do xogo, o blog, etc.); o mesmo ocorre cos 3 lectores da 2ª proposta 'Las ventajas de ser un marginado', considerada unha proposta moi intelixente e actual. De feito, como idea deste grupo de lectores, dedicaremos as vindeiras reunións do Club (luns 12 e luns 19 de xaneiro) a realizar un visionado da adaptación cinematográfica e un coloquio sobre a mesma, de tal maneira que nos quede o Nadal para que máis membros do Club poidan ter o libro lido antes de ver a película.

Polo que respecta ás lecturas "para adultos", os 4 novos membros do Club leron xa as dúas primeiras partes da triloxía de Batzán de Dolores Redondo, polo que á volta do Nadal propoñeremos como lectura o 3º volumen, Ofrenda á tormenta', de recente aparición.





Polo que respecta aos 7 lectores de 'Os fillos do mar', estes valórana moi positivamente, destacando a magnífica ambientación do relato e o xogo cos distintos momentos históricos da mesma; polo que acordamos poñernos en contacto coa editorial para conseguir una visita do escritor ao noso Club. Neste sentido tamén, valoramos a lectura da segundo novela deste autor, A Memoria da choiva, para a volta do Nadal.



En último lugar, demos a benvida a un novo membro ao Club de Lectura: Killian Canosa Regodesebes (3º da ESO).

LEMBRADE QUE O LUNS 19 TEMOS XUNTANZA E VISITA

Non esquezades que o próximo luns temos a nosa última xuntanza deste curso, para comentar a novela Non temerás os coches amarelos, de Marta ...