mércores, 25 de maio de 2016

Recital poético en homenaxe a Manuel María 19 e 20 de maio

Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María. Para ver o vídeo do 19 preme aquí e para ver o vídeo do 20 preme aquí.






venres, 20 de maio de 2016

Visita á Feira do Libro de Santiago de Compostela o 4 de maio

Co gallo da celebración da Feira do Libro en Santiago de Compostela, o alumnado do Club de Lectura, acompañado por 2 das profesoras do mesmo, realizou unha visita cultural á cidade compostelá.

A 1ª parada foi na Biblioteca Ánxel Casal, onde realizamos un percorrido e dialogamos co persoal da mesma.



A continuación visitamos 2 librarías santiaguesas: a Libraría Couceiro (por petición expresa do alumnado, posto que xa foramos o curso pasado e os alumnos do Club querían que os compañeiros novos deste curso a coñeceran) e as Librarías Ciranda / Lila de Lilith (que comparten espazo).



Nesta libraría dupla dialogamos coas propietarias sobre a literatura galega e tamén sobre as vantaxes e desvantaxes das librarías especializadas (posto que a Ciranda especialízase en libro portugués e a Lila en libro feminista).
















Finalmente, fixemos un percorrido polos postos da Feira do libro na Alameda compostelá, onde finalizou o percorrido.





Reunión do 4 de abril

Na 1º reunión do Club no 3º trimestre, a  profesora Chus Barbeira realizou a presentación da novela gañadora do Premio Nadal 2016, La víspera de casi todo, cuxa compra recomendara na reunión anterior.




Para a nosa compañeira, trátase dunha novela policíaca ben tramada e argumentada pero que desmerece moita en canto á localización xeográfica. Para a profesora Barbeira, o autor tiña que terse esforzado bastante máis na ambientación galega da obra posto que, na súa opinión, a novela só transcorre en Galicia polo nome.

A continuación, realizouse unha valoración da novela deste trimestre, A viaxe de Gagarin, coas achegas dos lectores: opinión, dúbidas sobre certos acontecementos históricos, etc.





LEMBRADE QUE O LUNS 19 TEMOS XUNTANZA E VISITA

Non esquezades que o próximo luns temos a nosa última xuntanza deste curso, para comentar a novela Non temerás os coches amarelos, de Marta ...