No 2º cuadrimestre do curso a lectura é Harry Potter e o prisioneiro de Azkabán.
As reunións tiveron lugar no 1º recreo (de luns ou mércores) na Biblioteca os días 20 de febreiro, 20 de marzo, 8 de abril. Fotos da reunión do 20 de marzo:
A Semana do Libro tivemos 2 reunión especiais en martes e mércores porque o alumnado do Club preparou unha actividade especial para celebrar o 45ª aniversario da Revolução dos Cravos en Portugal. Así, o xoves 25 de abril explicáronlles aos seus compañeiros de 2º da ESO o porqué deste feito histórico e as súas repercusións na actualidade. Aquí deixamos o enlace os power point elaborados polos alumnos para a presentación, así como as fotos dos libros utilizados:
https://drive.google.com/drive/folders/1Obs1Ms30mmnbEkyCPyNJBedkpdtp_Rzj?usp=sharing
As restantes reunións tiveron lugar os días 8 e 22 de maio. No último día comentáronse os últimos capítulos do libro acompañados dunha "mini-merenda" de leite (cortesía do centro) e chocolatinas (cortesía da coordinadora) e fíxose unha valoración do desenvolvemento das actividades deste Club. Para os alumnos, a posibilidade de realizar unha lectura do seu gusto (escolléronas eles) nunha das linguas que estudan no centro foi estupendo porque lles permitiu afondar na propia lingua case sen se decatar e pasar momentos moi agradables cos compañeiros.
Aquí deixamos unhas fotos do último día:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
LEMBRADE QUE O LUNS 19 TEMOS XUNTANZA E VISITA
Non esquezades que o próximo luns temos a nosa última xuntanza deste curso, para comentar a novela Non temerás os coches amarelos, de Marta ...
-
Nesta Semana do Libro tivemos reunión do club para facer valoración das lecturas que estamos a realizar, especialmente dos libros de Manuel...
-
Entre actividades diversas e avaliacións, fóisenos un pouco das mans a actualización deste blog, e aínda agora vos presento o resumo do que ...
-
O luns 29 de maio unha boa parte dos membros do Club de lectura Letraferit reunímonos ao medodía na Biblioteca (un ano máis o tempo non perm...