e tamén o vídeo de aceptación do Premio dos Clubs de Lectura 2015 dos centros educativos galegos: https://vimeo.com/128391311
Tras o visionado, houbo un debate entre os membros do Club sobre o lugar da literatura xuvenil dentro do sistema literario galego actual e o lugar ocupado por Agustín Fernández Paz no mesmo. O interese xurdido entre o alumnado fixo que se suxerise a lectura doutras obras para facer recomendacións de lectura das mesmas no Boletín que coedita a Biblioteca.
Para finalizar a reunión, a profesora Mª Jesús Barbeira recomendou a compra do último Premio Nadal de Novela, La víspera de casi todo, do escritor barcelonés Víctor del Árbol pola ambientación galega da novela e prometeu una valoración da mesma para a vindeira reunión prevista para o 4 de abril.