O verán é longo e hai tempo para todo. Tamén para ler. O equipo da Biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas, para que poidamos escoller.
xoves, 23 de xuño de 2022
mércores, 22 de xuño de 2022
REMATAMOS
Con moita présa e de xeito moi informal, todo motivado polo estrés dos últimos días de clase, este luns celebramos a nosa última reunión.
Nela, como é habitual, fixemos un pequeno repaso polo funcionamento e a marcha do club ao longo do curso.
A valoración por parte dos membros do club foi en xeral positiva. Salientouse especialmente a variedade de propostas que foron saíndo á marxe das propostas "oficiais" iniciais. O grupo é consciente da importancia do itinerario lector como punto de partida, e tamén como excusa para volver a retomar lecturas xa clásicas ou editadas hai tempo, evitando a tendencia a ir sempre buscando as novidades editoriais. Non obstante, valoramos positivamente o feito de que se permita e se favoreza a variedade de propostas, tanto en canto a xéneros como en formatos e temáticas moi diversas.
Propoñemos continuar na mesma liña o próximo curso.
En canto á sección do club de cómic manga AKIRA, que se reúne tamén mensualmente pero durante os recreos, polo que non asisten a esta reunión, a través do seu coordinador e de conversas informais cos seus membros, coñecemos tamén a súa valoración, que é moi positiva, tanto en canto aos contidos que foron lendo ao longo do curso como ao sistema de suxestións e comentarios proposto polo coordinador. Para o próximo curso esperan continuar na mesma liña, e seguramente seguir incrementando o número de persoas participantes. Aquí tedes unha imaxe dunha das últimas reunións do coordinador, Antón Riveiro, con alumnado dun dos grupos da ESO
Finalmente, rematamos a reunión recollendo as propostas de novas lecturas dos distintos membros asistentes, das cales a coordinadora do club e da biblioteca seleccionará as que tiveron máis apoios para incluílas no boletín de propostas de lecturas para o verán.
Estade atentos, porque proximamente publicaremos nos blogs da biblioteca e do club de lectura, así como na páxina do IES, o noso boletín de lecturas para as vacacións
Bo verán e boas lecturas!
martes, 7 de xuño de 2022
PECHAMOS O CICLO DE VISITAS DE ESCRITORES
Onte recibimos o último dos autores cos que tiñamos unha importante cita este curso, e con esta visita pechamos o ciclo de encontros con escritores e escritoras para este curso.
O último autor que nos visitou foi Manuel Iglesias Turnes, que mantivo unha charla moi animada e interesante con varios dos membros do club de lectura (non todos pois, lamentablemente, estamos en plena semana de avaliacións e non todo o mundo puido achegarse a esta penúltima reunión do club.
Déixovos unha ligazón para que poidades ver, no blog xeral da biblioteca, a entrada coa que resumimos este encontro.
https://bibliosoneira-blogueira.blogspot.com/2022/06/e-o-ultimo-escritor-que-nos-visitou.html
Só queda engadir que Iglesias Turnes foi, xunto con Arantza Portabales, o autor máis lido este ano no noso club.
Parabéns e grazas a eles e a todos os lectores e lectoras que gozaron coa lectura das súas obras, e as que virán!
O QUE IMOS LER ESTE MES É...
Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...
-
O día 9 de febreiro o escritor Pedro Feijoo reuniuse cos membros do noso Club para dialogar ao redor da súa obra e da súa concepción da narr...
-
O luns 21 de decembro e o luns 8 de febreiro, ás 3.30 da tarde, tiveron lugar na Biblioteca do IES a 2ª e 3ª reunión do Club nas que falamo...
-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....