Desta
volta reunímonos para comentar a obra Un
elefante na sala de estar. Esta novela, a pesar de ser xuvenil, trata moitos
temas fundamentais que nos permitiron compartir as nosas impresións persoais
sobre a vida e as propias experiencias de cada un.
Trátase
dunha aposta diferente coma segura onde Berta Dávila nos achega a saúde mental
e a perda dende un punto de vista diferente e caleidoscópico.
Aproveitamos tamén a ocasión para recomendar outra obra súa, Os seres queridos (Premio Xerais 2022), así como outras lecturas que fixemos á marxe do club: Las herederas de la Singer (Ana Lena Rivera) ou Las modernas (Ruth Prada).
Finalmente, acordamos que a nosa seguinte lecura será Del color de la leche (N. Leyshon).
Quedamos
na biblio o 19 de decembro!