Deixe a súa mensaxe despois do
sinal é
unha novela que moitos coñeciamos, pero que non todos leramos. Por iso
decidimos que fose a nosa terceira proposta.
Nesta
novela atopamos capítulos que van ir intercalando a vida de catro mulleres:
Marina, Carmela, Sara e Viviana, para tecer a súa historia. Aparentemente non
se coñecen de nada, pero acaban compartindo moito máis do que podemos imaxinar
e invítannos a reflexionar arredor de que dor pode ser peor á vez que se van
entretecendo fíos que dan paso a un porvir de esperanza.
É
unha obra que aborda moi diferentes temáticas, e iso deu lugar a un debate
sobre as tecnoloxías e novas formas de comunicarse, a saúde mental ou sobre a
trata de mulleres.
Relacionado
con isto, propuxemos e comentamos outras obras como A dúbida (M. Reimondez).
Quedamos con ganas de ler máis de Arantza Portables, por iso para a próxima xuntanza imos ler o último libro desta autora: O home que matou a Antía Morgade.