Entre actividades diversas e avaliacións, fóisenos un pouco das mans a actualización deste blog, e aínda agora vos presento o resumo do que falamos na pasada reunión
Mario comentounos as súas últimas lecturas: unha en galego, O que sei do silencio, de Andrea Maceiras e un clásico da literatura castelá, o Lazarillo de Tormes.
Continuando coas lecturas e recomendacións dos máis novos do club, escoitamos a Paula, que nos comentou e recomendou un libro de non ficción sobre o tema da saúde mental: Por si las voces vuelven, de Ángel Martín.
Pola súa parte, Daniel tamén quixo seguir as recomendacións de reunións anteriores, e ao mesmo tempo lembrar a recentemente falecida Almudena Grandes, e decidiuse polo segundo dos seus Episodios de una guerra interminable: El lector de Julio Verne.
Antón recoméndanos un libro informativo de Carlos Briones: Estamos solos? e tamén un clásico: Colmillo blanco, de Jack London.
E chegou a quenda de Soraya, a máis lectora do grupo. Nesta ocasión fálanos, coma sempre, de varios títulos que estivo lendo: Azucre, de Bibiana Candía, Buena mar, do xornalista Antonio Lucas, El año del pensamiento mágico, de Joan Didion, Casas vacías, de Brenda Navarro, e por último un libriño ilustrado: Más puta que las gallinas y otras animaladas machistas
Finalmente, Chus falounos da súa última lectura, esta vez de divulgación científica: La vida contada por un sapiens a un neandertal, de Juan Luis Arsuaga e Juan José Millás. Recomendable porque trata o tema da evolución -e outros- dun xeito moi ameno e doado de seguir.
Ningún comentario:
Publicar un comentario