luns, 24 de febreiro de 2014

Novo ano e novas lecturas para o Club Letraferit

O 27 de xaneiro reunímonos de novo na Biblioteca coa intención de dar por finalizada a nosa lectura do 1º trimestre e decidir cal/es habían ser as lecturas para o 2º trimestre. Os membros do Club valoraron moi positivamente a lectura do 1º trimestre, aínda considerando moitos deles que había unha certa desigualdade entre os tres volumes da triloxía (máis fantasía nos dous últimos, excesivo xa o terceiro...).
Para o 2º trimestre, a coordinadora do Club presentou unha serie de propostas de lectura, tanto en galego como en castelán, para sometelos á valoración dos seus membros, explicándolles brevemente de que ía cada proposta. Os membros do Club optaron por seguir dúas vías de lectura, aproveitando que o 2º trimestre é o máis longo deste curso:  os membros máis novos do Club (alumnado da ESO) optou pola lectura de "O mundo secreto de Basilius Hoffman. I. O ladrón de soños", de Fernando Cimadevila.




Os membros máis "vellos" do Club (alumnado de postobrigatoria e profesorado) optaron por comezar coa "Triloxía do val de Baztán" de Dolores Redondo, comezando por "O gardian invisible".
 



A próxima reunión do Club para facer a 1ª valoración destas lecturas será o luns 10 de marzo.

Primeira reunión de valoración de Memorias de Idhun


O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A maioría dos membros lera só o 1º volume da triloxía e valorábao moi positivamente, outros xa leran tamén o 2º e gustáralles máis có primeiro. Acordamos naquela reunión ler a triloxía completa e volvemos reunir en xaneiro para a valoración final e para acordar as novas propostas de lectura. Tamén aproveitamos para visionar a páxina web da autora e comprobar a existencia de versión en cómic dos dous primeiros volumes e que decidimos mercar.




O QUE IMOS LER ESTE MES É...

  Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...