Para o 2º trimestre, a coordinadora do Club presentou unha serie de propostas de lectura, tanto en galego como en castelán, para sometelos á valoración dos seus membros, explicándolles brevemente de que ía cada proposta. Os membros do Club optaron por seguir dúas vías de lectura, aproveitando que o 2º trimestre é o máis longo deste curso: os membros máis novos do Club (alumnado da ESO) optou pola lectura de "O mundo secreto de Basilius Hoffman. I. O ladrón de soños", de Fernando Cimadevila.
Os membros máis "vellos" do Club (alumnado de postobrigatoria e profesorado) optaron por comezar coa "Triloxía do val de Baztán" de Dolores Redondo, comezando por "O gardian invisible".
A próxima reunión do Club para facer a 1ª valoración destas lecturas será o luns 10 de marzo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario