venres, 20 de xuño de 2014

Coa visita de Xosé Mª Lema rematan as actividades do Club por este ano

O pasado luns 16 de xuño visitounos Xosé Mª Lema, autor de Costa do Solpor, a nosa lectura do 3º trimestre. No noso encontro houbo tempo para coñecer os antecedentes da obra e o seu proceso de elaboración e tamén para dar
as nosas opinións sobre os personaxes e a trama da obra.
O autor tivo, ademais, a amabilidade de incluír no seu blog (costadosolpor.blogspot.com.es) as opinións dadas por algún dos membros do noso Club. Deixamos aquí fotos desta estupenda reunión coa que rematamos as actividades por este curso.




xoves, 5 de xuño de 2014

Nova reunión do Club de Lectura o 5 de maio

Xa en pleno 3º trimestre do curso, reunímos para valorar as lecturas feitas nos últimos meses polos membros do Club: os 2 libros de Fernando Cimadevila e de Dolores Redondo e todos os membros do Club subscribimos o mesmo: ¡queremos as terceiras partes xa! No caso dos títulos de Fernando Cimadevila, a maioría valorou moito na continuación que se nos achegasen novos datos da vida e da personalidade dos personaxes principais e, no caso dos libros de Dolores Redondo, valorouse especialmente a profundización no drama familiar da inspectora protagonista. Para rematar a actividade do Club por este curso, decidímonos pola lectura da novela do noso veciño de Vimianzo Xosé Mª Lema: Costa do solpor, novela finalista dos Premios Xerais 2011. Este autor, ademais, reunirase co Club o vindeiro 16 de xuño para falarmos da súa obra e finalizar con este encontro a actividade do Club por este curso.




Imaxe da presentación de
Costa do solpor en Vimianzo, coa presenza do Alcalde.

O QUE IMOS LER ESTE MES É...

  Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...