Xa en pleno 3º trimestre do curso, reunímos para valorar as lecturas feitas nos últimos meses polos membros do Club: os 2 libros de Fernando Cimadevila e de Dolores Redondo e todos os membros do Club subscribimos o mesmo:
¡queremos as terceiras partes xa! No caso dos títulos de Fernando Cimadevila, a maioría valorou moito na continuación que se nos achegasen novos datos da vida e da personalidade dos personaxes principais e, no caso dos libros de Dolores Redondo, valorouse especialmente a profundización no drama familiar da inspectora protagonista.
Para rematar a actividade do Club por este curso, decidímonos pola lectura da novela do noso veciño de Vimianzo
Xosé Mª Lema:
Costa do solpor, novela finalista dos Premios Xerais 2011. Este autor, ademais, reunirase co Club o vindeiro 16 de xuño para falarmos da súa obra e finalizar con este encontro a actividade do Club por este curso.
Imaxe da presentación de
Costa do solpor en Vimianzo, coa presenza do Alcalde.
Ningún comentario:
Publicar un comentario