Por outra banda, a profesora Carme Rama tróuxonos unha ficha de traballo elaborada a partir de Percy Jackson e que nos permitirá ter un punto de partida para iniciar o obradoiro de escritura.
PERSEO
Perseo é fillo de Zeus e de .…………………..
En que se transformou Zeus para conseguir o amor da nai
de Perseo?
Que fixo Acrisio ao saber que a súa filla estaba
embarazada? Por que?
Quen era Polidectes e cómo interveu no destino de Perseo?
Nome das tres Gorgonas:
Quen eran as Graias? Cómo axudaron a Perseo?
Atenea, Hermes e Hades ofrecéronlle regalos a Perseo. Cales?
Como matou Perseo á Medusa?
Cando Perseo chegou a Etiopía, a quen se atopou a punto
de ser sacrificada?
Quen era Casiopea?
Que era Ceto?
Como intervén Fineo na historia de amor de Perseo?
Perseo cumpriu en Tesalia unha profecía relacionada co
seu avó Acrisio. Cal?
Perseo é bisavó doutro heroe moi famoso pola súa ousadía en
doce traballos. Quen é?
Nome do cabalo alado nacido do pescozo decapitado de
Medusa:
Cando este cabalo voou ao Olimpo, que lle levou a Zeus?
Como axudou este cabalo a Belerofonte?
Que deusa colocou no seu casco a cabeza de Medusa?
Que é un catasterismo?
Onde están as constelacións de Perseo, Andrómeda, Cefeo e
Casiopea?
Que son as Perseidas?
OUTROS PERSEOS
Por que cres que Riordan fai descender a Percy de
Poseidón en lugar de Zeus?
O casco que Hades lle prestou a Perseo tiña o poder da
invisibilidade. Que personaxe nos libros de Riordan leva unha gorra co mesmo
poder?
Hermes proporcionoulle a Perseo unhas sandalias voadoras.
Que personaxe leva zapatillas de baloncesto aladas, que Luke tiña como regalo
do seu pai Hermes?
No capítulo 2, aparecen "tres anciás que tecen os
calcetíns da morte". Averigua quen eran na mitoloxía as Moiras ou Parcas.
O profesor de latín Brunner é Quirón. Busca información
sobre Quirón e averigua por que calidade se asocia a un profesor.
Que relación atopas entre Medusa da mitoloxía grega e a
tía "EME", que esculpe figuras no seu xardín?
Riordan describe a Thalía como filla de Zeus, convertida
en piñeiro. Averigua quen era e cómo se chaman as súas dúas irmás na mitoloxía
grega.
COMENTA OS CADROS EN RELACIÓN AO MITO DE PERSEO
Tiziano, Danae recibiendo la lluvia
de oro,
1553, Museo del Prado, Madrid. Gustav Klimt, Dánae,
1908
Pablo J Porras, Grayas Peter Paul Rubens.
Cabeza de medusa, 1618