A última reunión de trimestre estivo dedicada á presentación de lecturas por parte dos membros do Club. Trátase de libros da mesma autoría que as lecturas deste curso e que os membros do Club quixeron presentarnos. Eva Olveira presentounos o 1º volume dunha saga de Ana Alonso e Javier Pelegrín (autores da saga 'Odio el rosa', lida polos membros do Club): trátase de 'La torre y la isla' (2006), que forma parte de la saga "La llave del tiempo". Para Eva, este libro anticipa moitos elementos narrativos de 'Odio el rosa' como a ambientación futurista, a manipulación xenética ou o dominio das grandes corporacións, e tamén vai acompañada dunha web que complementa a lectura da obra:
http://www.lallavedeltiempo.com/
Por outra parte, e a petición de varios membros do Club (Marina García, Alba Méndez...), a coordinadora presentou outra saga de Rick Riordan que continúa e complementa a saga de 'Percy Jackson'. Trátase da saga "Los héroes del Olimpo", composta por 5 libros que retoman aos protagonista da saga de Percy Jackson e amplía a nómina con semiheroes romanos.
A propósito desta saga, Carme Rama (profesora de Latín) fixo a proposta de realizar un obradoiro de escritura tomando como partida os mitos clásicos greco-latinos, visto o interese que suscita entre o alumnado este tipo de novelas.
Esta proposta foi acollida con entusiasmo polos membros do Club e acordouse a seguinte proposta de reunións: á volta das vacacións de Nadal realizar un visionado da película 'Percy Jackson y el mar de los monstruos'.
Ningún comentario:
Publicar un comentario