mércores, 25 de maio de 2016
Recital poético en homenaxe a Manuel María 19 e 20 de maio
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María. Para ver o vídeo do 19 preme aquí e para ver o vídeo do 20 preme aquí.
venres, 20 de maio de 2016
Visita á Feira do Libro de Santiago de Compostela o 4 de maio
Co gallo da celebración da Feira do Libro en Santiago de Compostela, o alumnado do Club de Lectura, acompañado por 2 das profesoras do mesmo, realizou unha visita cultural á cidade compostelá.
A 1ª parada foi na Biblioteca Ánxel Casal, onde realizamos un percorrido e dialogamos co persoal da mesma.
A continuación visitamos 2 librarías santiaguesas: a Libraría Couceiro (por petición expresa do alumnado, posto que xa foramos o curso pasado e os alumnos do Club querían que os compañeiros novos deste curso a coñeceran) e as Librarías Ciranda / Lila de Lilith (que comparten espazo).
Nesta libraría dupla dialogamos coas propietarias sobre a literatura galega e tamén sobre as vantaxes e desvantaxes das librarías especializadas (posto que a Ciranda especialízase en libro portugués e a Lila en libro feminista).
Finalmente, fixemos un percorrido polos postos da Feira do libro na Alameda compostelá, onde finalizou o percorrido.
A 1ª parada foi na Biblioteca Ánxel Casal, onde realizamos un percorrido e dialogamos co persoal da mesma.
A continuación visitamos 2 librarías santiaguesas: a Libraría Couceiro (por petición expresa do alumnado, posto que xa foramos o curso pasado e os alumnos do Club querían que os compañeiros novos deste curso a coñeceran) e as Librarías Ciranda / Lila de Lilith (que comparten espazo).
Finalmente, fixemos un percorrido polos postos da Feira do libro na Alameda compostelá, onde finalizou o percorrido.
Reunión do 4 de abril
Na 1º reunión do Club no 3º trimestre, a profesora Chus Barbeira realizou a presentación da novela gañadora do Premio Nadal 2016, La víspera de casi todo, cuxa compra recomendara na reunión anterior.
Para a nosa compañeira, trátase dunha novela policíaca ben tramada e argumentada pero que desmerece moita en canto á localización xeográfica. Para a profesora Barbeira, o autor tiña que terse esforzado bastante máis na ambientación galega da obra posto que, na súa opinión, a novela só transcorre en Galicia polo nome.
A continuación, realizouse unha valoración da novela deste trimestre, A viaxe de Gagarin, coas achegas dos lectores: opinión, dúbidas sobre certos acontecementos históricos, etc.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
O QUE IMOS LER ESTE MES É...
Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...
-
O día 9 de febreiro o escritor Pedro Feijoo reuniuse cos membros do noso Club para dialogar ao redor da súa obra e da súa concepción da narr...
-
O luns 21 de decembro e o luns 8 de febreiro, ás 3.30 da tarde, tiveron lugar na Biblioteca do IES a 2ª e 3ª reunión do Club nas que falamo...
-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....