venres, 20 de maio de 2016

Visita á Feira do Libro de Santiago de Compostela o 4 de maio

Co gallo da celebración da Feira do Libro en Santiago de Compostela, o alumnado do Club de Lectura, acompañado por 2 das profesoras do mesmo, realizou unha visita cultural á cidade compostelá.

A 1ª parada foi na Biblioteca Ánxel Casal, onde realizamos un percorrido e dialogamos co persoal da mesma.



A continuación visitamos 2 librarías santiaguesas: a Libraría Couceiro (por petición expresa do alumnado, posto que xa foramos o curso pasado e os alumnos do Club querían que os compañeiros novos deste curso a coñeceran) e as Librarías Ciranda / Lila de Lilith (que comparten espazo).



Nesta libraría dupla dialogamos coas propietarias sobre a literatura galega e tamén sobre as vantaxes e desvantaxes das librarías especializadas (posto que a Ciranda especialízase en libro portugués e a Lila en libro feminista).
















Finalmente, fixemos un percorrido polos postos da Feira do libro na Alameda compostelá, onde finalizou o percorrido.





Ningún comentario:

Publicar un comentario

O QUE IMOS LER ESTE MES É...

  Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...