Nesta nova reunión valoramos as nosas lecturas deste trimestre.
Polo que respecta ao libro de Dolores Redondo, O gardián invisible,
todos os que o lemos encontrámolo extraordinario e decidimos seguir co
2º volume da triloxía, Legado nos ósos.
Polo que respecta ao libro de Fernando Cimadevila, O mundo secreto de
Basilus Hofman: O ladrón de soños, tamén foi valorado como unha achega
orixinalísima a literatura fantástica en galego. Continuaremos tamén co
2º volume, Un faro na escuridade.
Deixamos aquí algunhas fotos da reunión dese día no que tamén valoramos algunhas das propostas individuais de lectura feitas polos mebros do noso Club: Eva Olveira falounos da triloxía de Los juegos del hambre de Suzanne Collins.
Alba Méndez presentounos outra triloxía, esta de Kerstin Gier: Rubí, Zafiro e Esmeralda.
E Alberto Angües recomendounos un libro: Cielo rojo, de David Lozano Garbala .
sábado, 22 de marzo de 2014
luns, 24 de febreiro de 2014
Novo ano e novas lecturas para o Club Letraferit
O 27 de xaneiro reunímonos de novo na Biblioteca coa intención de dar por finalizada a nosa lectura do 1º trimestre e decidir cal/es habían ser as lecturas para o 2º trimestre. Os membros do Club valoraron moi positivamente a lectura do 1º trimestre, aínda considerando moitos deles que había unha certa desigualdade entre os tres volumes da triloxía (máis fantasía nos dous últimos, excesivo xa o terceiro...).
Para o 2º trimestre, a coordinadora do Club presentou unha serie de propostas de lectura, tanto en galego como en castelán, para sometelos á valoración dos seus membros, explicándolles brevemente de que ía cada proposta. Os membros do Club optaron por seguir dúas vías de lectura, aproveitando que o 2º trimestre é o máis longo deste curso: os membros máis novos do Club (alumnado da ESO) optou pola lectura de "O mundo secreto de Basilius Hoffman. I. O ladrón de soños", de Fernando Cimadevila.
Para o 2º trimestre, a coordinadora do Club presentou unha serie de propostas de lectura, tanto en galego como en castelán, para sometelos á valoración dos seus membros, explicándolles brevemente de que ía cada proposta. Os membros do Club optaron por seguir dúas vías de lectura, aproveitando que o 2º trimestre é o máis longo deste curso: os membros máis novos do Club (alumnado da ESO) optou pola lectura de "O mundo secreto de Basilius Hoffman. I. O ladrón de soños", de Fernando Cimadevila.
Os membros máis "vellos" do Club (alumnado de postobrigatoria e profesorado) optaron por comezar coa "Triloxía do val de Baztán" de Dolores Redondo, comezando por "O gardian invisible".
A próxima reunión do Club para facer a 1ª valoración destas lecturas será o luns 10 de marzo.
Primeira reunión de valoración de Memorias de Idhun
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A maioría dos membros lera só o 1º volume da triloxía e valorábao moi positivamente, outros xa leran tamén o 2º e gustáralles máis có primeiro. Acordamos naquela reunión ler a triloxía completa e volvemos reunir en xaneiro para a valoración final e para acordar as novas propostas de lectura. Tamén aproveitamos para visionar a páxina web da autora e comprobar a existencia de versión en cómic dos dous primeiros volumes e que decidimos mercar.
luns, 25 de novembro de 2013
Letraferit Soneira 2013-2014
INICIAMOS NOVA ANDAINA!!
O Club de Lectura Letraferit do IES Terra de Soneira de Vimianzo inicia una nova andaina neste 2º ano de existencia. Novos membros e novos libros. Neste curso, moderados pola profesora Teresa Araújo participan no Club 12 alumnos (Eva Olveira (1º da ESO), Marina García, Nuria Agra, Gala Cernadas e Nerea Rial (2º da ESO), Natalia Lema, Salomé González, Laura Roget e Alberto Angües (3º da ESO), Hellen Cristina (1º BACH), Alba Méndez (2º BACH) e Alexandre Pazos (2º CMXA)), 6 profesores (Carmen Sanjurjo, Chus Barbeira, Anxo Brea, Isabel Regueiro, Rocío Romero e a coordinadora) e 1 membro do persoal non docente (María Bargo).
O día 21 de outubro tivemos a 1ª reunión para coñecérmonos e nela acordamos comezar neste 1º trimestre do curso coa triloxía de Laura Gallego Memorias de Idhún. Empezamos co 1º volume da triloxía: 'La resistencia' e reunímonos o 25 de novembro para facer a 1ª posta en común.
luns, 8 de abril de 2013
NOVAS PROPOSTAS PARA O CLUB DE LECTURA. CARA O FUTURO
Aquí tedes as novas propostas para o club de lectura. A nosa idea é complementar as lecturas con una sesión cinematográfica ad hoc. Puxémoslle como título, Cara o futuro, porque o nexo de unión entre as lecturas e as películas é a ciencia ficción.
Espero que vos resulte interesante.
2044
Ano 2044. Achégase o aniversario de Lena. Cal será a sorpresa preparada para os amigos e as amigas polo seu pai? Cada ano sorpréndeos dun xeito diferente. Pero o que vai pasar este ano ninguén podía imaxinalo… de feito, incluso pode ser que todos perdan a vida. 2044 é unha novela futurista que nos mergulla nun universo de realidade virtual no que, para sobrevivir, os protagonistas van ter que descifrar o estraño significado dunhas pistas e enigmas baseados en números enigmáticos. Unha novela de intriga nun universo probable que pode chegar a ser tremendo. Os protagonistas non saben onde remata a realidade e comeza o universo virtual… Ti verás que tampouco.
![]() |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Valdamor
Unha novela que se desenvolve nun mundo futuro, hipotético pero xa posible, no que a ciencia venceu á morte.
Os privilexiados habitantes da Zona A teñen dereito á inmortalidade, pero estalles prohibido ter fillos. Un importante político está no cárcere por ter desobedecido esa norma fundamental. Alí vaino visitar Adela, unha psicóloga penitenciaria encargada de estudar as razóns desa conduta. |
Fonte: www.editorialgalaxia.es
GATTACA
|
venres, 16 de novembro de 2012
Detective esqueleto-orde dos cinco primeiros títulos
Xa chegaron os libros de Skulduggery Pleasant, detective esqueleto. Están na biblio, quentiños, esperando para seren fichados, así que para a semana xa poderemos empezar a lelos.
Poño aquí a orde dos cinco títulos, por se considerades importante empezar polo primeiro e ir seguindo a serie segundo se foi publicando.
I. Detective esqueleto (cor laranxa)
II. Los sin rostro (cor azul clara-turquesa)
III. Jugando con fuego (cor verde)
IV. Días oscuros (cor azul escura)
V. Ataduras mortales (cor amarela)
Boa lectura!
Poño aquí a orde dos cinco títulos, por se considerades importante empezar polo primeiro e ir seguindo a serie segundo se foi publicando.
I. Detective esqueleto (cor laranxa)
II. Los sin rostro (cor azul clara-turquesa)
III. Jugando con fuego (cor verde)
IV. Días oscuros (cor azul escura)
V. Ataduras mortales (cor amarela)
Boa lectura!
xoves, 8 de novembro de 2012
Otra propuesta: Iacobus
Voy a formalizar la propuesta que hice como comentario en la página principal en su momento: "Iacobus" de Matilde Asensi. Es una novela histórica ambientada en la época final de las cruzadas, en el momento de la disolución de los templarios, una orden muy poderosa de monjes guerreros.
El resumen es el siguiente:
Galcerán de Born, un monje de una orden militar, la Orden del Hospital,
tras varios años de ausencia en los que se ha dedicado íntegramente a
prestar sus conocimientos médicos a su Orden, así como sus grandes dotes
deductivas, regresa a la Península Ibérica
con un objetivo doble: por una parte, hacerse cargo de la traducción de
ciertos libros que, por sus singulares contenidos tienen una
importancia vital para Los Hospitalarios. Por otra, intentar localizar a
un mozalbete que fue abandonado en un recinto religioso al poco de
nacer y cuyas únicas señas de identidad son su nombre, García, y un colgante que acompañaba al bebé.
Sin embargo, pronto es llamado para una importante misión que procede nada más y nada menos que de Su Santidad El Papa Juan XXII,
quien conocedor de sus dotes deductivas y sus amplios conocimientos, le
envía a investigar la misteriosa muerte de su antecesor, el papa Clemente V y la del rey Felipe IV de Francia, tras la ejecución del Gran Maestre de la Orden del Temple.
Acompañado por el joven novicio García y con la ayuda de una hechicera judía que conocerán en París,
Galcerán desentrañará una trama más allá de las muertes del Clemente V y
Felipe IV, descubriendo el inmenso poder oculto de la orden templaria.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...

-
O 25 de novembro tivemos a 1ª reunión oficial do Club para valorar a nosa 1ª lectura do curso, Memorias de Idhún, de Laura Gallego. A mai...
-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
-
O día 9 de febreiro o escritor Pedro Feijoo reuniuse cos membros do noso Club para dialogar ao redor da súa obra e da súa concepción da narr...