O luns 29 de maio unha boa parte dos membros do Club de lectura Letraferit reunímonos ao medodía na Biblioteca (un ano máis o tempo non permitiu comer fóra) para compartir comida, sobremesas, recomendacións lectoras e valorar a experiencia deste ano xuntos.
A todos os membros do Club nos tocou facer as nosas recomendacións lectoras para este verán e, entre elas, tivemos clásicos e novos, lecturas de sempre ou novas propostas. Como moitos de nós fixemos ata tres! deixamos aquí só algunas:
O profesor Joaquín recomendounos O curioso incidente do can á medianoite, de Mark Haddon.
A profesora Rocío recomendounos O vixía no centeo, de J. D. Salinger.
A profesora Chus falounos moi positivamente de dúas novidades da colección Fóra de Xogo: A caixiña dos rancores, de Héctor Cajaraville e Costa do Solpor: O regreso da Illa do Tesouro, de Xosé Mª Lema:
A profesora Teresa falounos moi positivamente da novela As horas roubadas, de María Solar:
A profesora Marina recomendounos a re-lectura (se non a fixeramos xa) dun clásico como O principiño, de Antoine de Saint-Exupery, aproveitando o ano Carlos Casares (tradutor desta obra á nosa lingua):
Balbina falounos moi positivamente dunha lectura realizada a partir das conversas coa súa profesora de Filosofía: O segundo sexo, de Simone de Beauvoir:
Natalia recomedounos o poemario S/t de Enma Pedreira:
Rematamos por este curso e vémonos para o que vén!!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
ATA SETEMBRO!
Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...
-
Entre actividades diversas e avaliacións, fóisenos un pouco das mans a actualización deste blog, e aínda agora vos presento o resumo do que ...
-
IMOS ALÓ! Gústache ler? Gústache falar, comentar as túas lecturas, escoitar os comentarios doutras persoas, e recomendar ou sux...
-
Este luns 13 de xuño reunímonos ao mediodía na Biblioteca (o tempo non permitiu reunirnos fóra) para compartir comida, sobremesa e recomenda...











Ningún comentario:
Publicar un comentario