O luns 10 de xuño tivemos a última reunión do curso do Club Letraferit que, coma xa vén sendo habitual nos últimos anos, consistiu nunha comida compartida na Biblioteca na que houbo tempo para facer a valoración da actividade do club deste curso e tamén para compartir recomendacións de lectura para o verán.
Polo que respecta ás valoracións realizadas, a boa convivencia nas reunións e a variedade de propostas lectoras seguen a ser as cuestións máis valoradas polos membros do Club, aínda que este ano -sobre todo no último trimestre- a existencia de varios clubs de lectura dificultou o calendario de reunións deste club en concreto posto que as 3 coordinadoras dos clubs tamén forman parte deste e teñen que combinarse.
Polo que respecta ás recomendacións de lectura para o verán en lingua castelá, houbo un pouco de todo: desde propostas de lectura máis lixeiras e de temática humorística como Pretérito imperfecto (2018) de Nieves Conconstrina ou Gamberro y caballero (2017), de Miguel Lago,
ata novelas históricas de longo percorrido, como a Triloxía dedicada ao emperador Trajano de Santiago Posteguillo, composta por Los asesinos del emperador (2013), Circo máximo (2015) e La legión perdida (2017),
pasando por novelas que recrean distintos episodios da Guerra Civil española e da posguerra, como Antonia (2014) de Nieves Concostrina ou a novidade Largo pétalo de mar (2019), de Isabel Allende.
Polo que respecta á literatura en lingua galega, houbo recomendacións tamén moi variadas: títulos de autores moi do gusto dos membros deste club, como Atuado na braña (2002) ou Era por setembro (2004), de Xabier Quiroga; Os fillos do lume (2017), de Pedro Feijóo ou A viaxe de Gagarin (2014) de Agustín Fernández Paz,
e tamén houbo recomendacións de novidades como O último barco (2019) ou Por puntos (2019), de Manuel Portas,
e recomendacións en portugués: Dormir com Lisboa (2017), de Fausta Cardoso Pires, novela gañadora do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica.
sábado, 15 de xuño de 2019
domingo, 26 de maio de 2019
Reunións do Club de lectura Hora de lectura no 2º cuadrimestre
O libro de lectura do 2º cuadrimeste foi Contos de fantasmas no Museo, editado polo Museo Provincial de Lugo e que recolle relatos de Ledicia Costas, Andrea Maceiras, Anxo Fariña e Carlos Negro. O libro é de descarga gratuíta na propia web do Museo no enderezo: http://www.museolugo.org/publicacions.asp?mat=92 e posteriormente é instalado nos dispositivos electrónicos da Biblioteca.
Na reunión do 18 de febreiro fíxose entrega dos dispositivos e dos libros en papel ao alumnado do Club e realizouse unha sesión de lectura electrónica para familiarizar ao alumnado con este tipo de lectura (en táblet ou en e-reader).
Aquí deixamos unha foto:
As seguintes reunións do Club tiveron lugar o 11 de marzo e o 8 de abril. O día 27 de abril, no marco dos actos da Semana do Libro, o alumnado de 1º da ESO realizou unha visita ao Museo Provincial de Lugo para facer as 4 Rutas literarias baseadas nos 4 relatos do libro. Nesta actividade, os membros do Club de Lectura actúan como guías dos seus compañeiros no desenvolvemento da actividade.
O día 6 de maio tivo lugar a última reunión do ano e nela fíxose unha valoración das actividades desenvolvidas. O que máis estiman os alumnos do Club son as actividades coas que se pechan as lecturas dos libros (concurso de sobremesas e viaxe a Lugo) e que explican a súa repetición ao longo da existencia deste Club.

Reunións dos clubs de lectura de francés no 2º cuadrimestre
Continuando coa dinámica iniciada no trimestre anterior, as reunións dos 2 clubs de lectura tiveron lugar nos recreos. As lecturas escollidas foron: On a volé Mona Lisa, de Cécile Talguen para 4º da ESO e Photos de nuit, de Thierry Gallier para 1º de Bacharelato.
Houbo reunións nos recreos do 28 de xaneiro, para o reparto de libros e do 25 de marzo. A última reunión foi o 27 de abril (con 1º de Bach) e o 30 de abril (con 4º da ESO) e nelas valorouse a actividade. En xeral o alumnado valóraa moi positivamente (especialmente o grupo de 1º de Bach, onde se atopan varios membros do Club Letraferit) e considera que unha actividade deste tipo permite afondar no coñecemento dunha lingua estranxeira desde outro punto de vista (menos académico e máis lúdico). Aquí deixamos unhas fotos da reunión do último día de 1º de Bach e de 4º da ESO.

domingo, 21 de abril de 2019
Reunións do Club de lectura de portugués no 2º cuadrimestre
No 2º cuadrimestre do curso a lectura é Harry Potter e o prisioneiro de Azkabán.
As reunións tiveron lugar no 1º recreo (de luns ou mércores) na Biblioteca os días 20 de febreiro, 20 de marzo, 8 de abril. Fotos da reunión do 20 de marzo:
A Semana do Libro tivemos 2 reunión especiais en martes e mércores porque o alumnado do Club preparou unha actividade especial para celebrar o 45ª aniversario da Revolução dos Cravos en Portugal. Así, o xoves 25 de abril explicáronlles aos seus compañeiros de 2º da ESO o porqué deste feito histórico e as súas repercusións na actualidade. Aquí deixamos o enlace os power point elaborados polos alumnos para a presentación, así como as fotos dos libros utilizados:
https://drive.google.com/drive/folders/1Obs1Ms30mmnbEkyCPyNJBedkpdtp_Rzj?usp=sharing
As restantes reunións tiveron lugar os días 8 e 22 de maio. No último día comentáronse os últimos capítulos do libro acompañados dunha "mini-merenda" de leite (cortesía do centro) e chocolatinas (cortesía da coordinadora) e fíxose unha valoración do desenvolvemento das actividades deste Club. Para os alumnos, a posibilidade de realizar unha lectura do seu gusto (escolléronas eles) nunha das linguas que estudan no centro foi estupendo porque lles permitiu afondar na propia lingua case sen se decatar e pasar momentos moi agradables cos compañeiros.
Aquí deixamos unhas fotos do último día:

domingo, 10 de marzo de 2019
Reunións do Club de lectura Letraferit no 2º trimestre
A 4ª reunión co curso tivo lugar o luns 28 de xaneiro no horario habitual (3.30-4.30). Neste reunión realizouse a valoración final das 2 obras de lectura propostas: os que leron ambas propostas destaca especialmente que a través da lectura puideron coñecer episodios do noso pasado recente e relacionados coa Guerra Civil e a posguerra españolas, episodios pouco coñecidos pola maioría e que, no caso do detallado por Manuel Gago, implicaban a Galicia directamente. Trátase de 2 autores moi do gusto deste Club de lectura, nos dous casos levamos xa 2 obras lidas de cada autor e a maioría manifesta que pensa continuar lendo a estes autores...
A 2ª parte da reunión estivo destinada á presentación das lecturas do 2º cuadrimestre: a profesora Mª Jesús Barbeira, membro do Club e coordinadora do Club Hora de lectura, realizou a presentación da 1ª das propostas: Zapatillas rotas (Xerais, 2014) de Xabier Quiroga. Deste autor leramos o curso pasado Izan o da saca e supuxo un verdadeiro descubrimento para a moitos membros do Club, polo que esta escolla vén directamente das súas peticións. Para a nosa compañeira Chus é un texto singular, que nos vai descubrir unha historia moi reveladora do funcionamento do mundo de hoxe en día... e non quixo contarnos máis!... Por outra parte, a lectura deste libro está facilitada por atoparse no catálogo da plataforma ELBE2 á que pertencemos.
A 2ª das propostas de lectura foi realizada pola Coordinadora do Club e, como a anterior, obedece tamén ás suxestións de lectura dos membros do propio Club, concretamente de Gala Cernadas, que foi membro do Club ata o curso pasado que rematou os seus estudos no centro. Trátase dos 2 volumes de Jacqueline Kelly sobre o personaxe de Calpurnia Tate: A evolución de Calpurnia Tate (ed. orix. inglés 2009; trad. cast. 2011 e trad. gal. 2018)
A Coordinadora indica que se trata dunha novela de protagonista xuvenil que presenta o espertar dunha nena do Texas de 1899 á exploración do mundo que a rodea da man do seu avó e do libro de Charles Darwin, pero tamén ao que supón para ela ser unha nena e non un neno.
Despois da escolla das lecturas poles membros do Club, rematou a reunión. Fotos desta reunión:
O luns 25 de febreiro tivo lugar a 5ª reunión do curso e nela fixéronse as primeiras valoracións (moi positivas) das lecturas do cuadrimestre. Aquí quedan unhas fotos:
O luns 25 de marzo tivo lugar a 6ª reunión do curso na que os membros do Club presentaron as súas valoracións (finais en varios casos) das lecturas recomendadas e se fixeron algunhas recomendacións lectoras por parte dos membros do Club. O 1º libro de Calpurnia xa foi lido pola maioría de membros do Club que xa empezaron ademais o 2º libro. Desta lectura destácase a construción da personaxe principal, a súa relación co avó e o achegamento de ambos á natureza e á sociedade que os rodea.
Do libro de Xabier Quiroga destácase especialmente a construción da trama e a coidada recreación dos episodios do pasado que afectan directamente á acción do presente. Tamén foi valorada a lectura realizada na plataforma ELBE.2 por parte dos membros do Club xa que a maioría utilizou este sistema de lectura. Para todos foi unha experiencia positiva e cómoda, aínda que os alumnos destacaron que sería interesante aumentar o tempo de préstamo (de 15 a 21 días, por exemplo).
Polo que respecta ás propostas de lectura realizadas, Mª Jesús Barbeira recomendounos 'Tardes con Margueritte' (trad. ao cast. 2011; trad. ao gal. 2016), publicada orixinalmente en francés: 'La tête en friche' (2009) de Marie-Sabine Roger, e da que tamén existe adaptación cinematográfica (2010). Para a nosa compañeira sería unha proposta de lectura moi interesante para o curso que vén e que podería ser compartida por varios clubs de lectura do centro ao existir versións en galego, francés e castelán.
Aquí quedan varias fotos dese día:
A 2ª parte da reunión estivo destinada á presentación das lecturas do 2º cuadrimestre: a profesora Mª Jesús Barbeira, membro do Club e coordinadora do Club Hora de lectura, realizou a presentación da 1ª das propostas: Zapatillas rotas (Xerais, 2014) de Xabier Quiroga. Deste autor leramos o curso pasado Izan o da saca e supuxo un verdadeiro descubrimento para a moitos membros do Club, polo que esta escolla vén directamente das súas peticións. Para a nosa compañeira Chus é un texto singular, que nos vai descubrir unha historia moi reveladora do funcionamento do mundo de hoxe en día... e non quixo contarnos máis!... Por outra parte, a lectura deste libro está facilitada por atoparse no catálogo da plataforma ELBE2 á que pertencemos.
A 2ª das propostas de lectura foi realizada pola Coordinadora do Club e, como a anterior, obedece tamén ás suxestións de lectura dos membros do propio Club, concretamente de Gala Cernadas, que foi membro do Club ata o curso pasado que rematou os seus estudos no centro. Trátase dos 2 volumes de Jacqueline Kelly sobre o personaxe de Calpurnia Tate: A evolución de Calpurnia Tate (ed. orix. inglés 2009; trad. cast. 2011 e trad. gal. 2018)
e O curioso mundo de Calpurnia Tate (ed. orix. inglés, 2015; trad. cast 2017 e trad. gal. 2018).
Despois da escolla das lecturas poles membros do Club, rematou a reunión. Fotos desta reunión:
O luns 25 de febreiro tivo lugar a 5ª reunión do curso e nela fixéronse as primeiras valoracións (moi positivas) das lecturas do cuadrimestre. Aquí quedan unhas fotos:
O luns 25 de marzo tivo lugar a 6ª reunión do curso na que os membros do Club presentaron as súas valoracións (finais en varios casos) das lecturas recomendadas e se fixeron algunhas recomendacións lectoras por parte dos membros do Club. O 1º libro de Calpurnia xa foi lido pola maioría de membros do Club que xa empezaron ademais o 2º libro. Desta lectura destácase a construción da personaxe principal, a súa relación co avó e o achegamento de ambos á natureza e á sociedade que os rodea.
Polo que respecta ás propostas de lectura realizadas, Mª Jesús Barbeira recomendounos 'Tardes con Margueritte' (trad. ao cast. 2011; trad. ao gal. 2016), publicada orixinalmente en francés: 'La tête en friche' (2009) de Marie-Sabine Roger, e da que tamén existe adaptación cinematográfica (2010). Para a nosa compañeira sería unha proposta de lectura moi interesante para o curso que vén e que podería ser compartida por varios clubs de lectura do centro ao existir versións en galego, francés e castelán.
Aquí quedan varias fotos dese día:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
O QUE IMOS LER ESTE MES É...
Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...
-
O día 9 de febreiro o escritor Pedro Feijoo reuniuse cos membros do noso Club para dialogar ao redor da súa obra e da súa concepción da narr...
-
O luns 21 de decembro e o luns 8 de febreiro, ás 3.30 da tarde, tiveron lugar na Biblioteca do IES a 2ª e 3ª reunión do Club nas que falamo...
-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....