O luns 10 de xuño tivemos a última reunión do curso do Club Letraferit que, coma xa vén sendo habitual nos últimos anos, consistiu nunha comida compartida na Biblioteca na que houbo tempo para facer a valoración da actividade do club deste curso e tamén para compartir recomendacións de lectura para o verán.
Polo que respecta ás valoracións realizadas, a boa convivencia nas reunións e a variedade de propostas lectoras seguen a ser as cuestións máis valoradas polos membros do Club, aínda que este ano -sobre todo no último trimestre- a existencia de varios clubs de lectura dificultou o calendario de reunións deste club en concreto posto que as 3 coordinadoras dos clubs tamén forman parte deste e teñen que combinarse.
Polo que respecta ás recomendacións de lectura para o verán en lingua castelá, houbo un pouco de todo: desde propostas de lectura máis lixeiras e de temática humorística como Pretérito imperfecto (2018) de Nieves Conconstrina ou Gamberro y caballero (2017), de Miguel Lago,
ata novelas históricas de longo percorrido, como a Triloxía dedicada ao emperador Trajano de Santiago Posteguillo, composta por Los asesinos del emperador (2013), Circo máximo (2015) e La legión perdida (2017),
pasando por novelas que recrean distintos episodios da Guerra Civil española e da posguerra, como Antonia (2014) de Nieves Concostrina ou a novidade Largo pétalo de mar (2019), de Isabel Allende.
Polo que respecta á literatura en lingua galega, houbo recomendacións tamén moi variadas: títulos de autores moi do gusto dos membros deste club, como Atuado na braña (2002) ou Era por setembro (2004), de Xabier Quiroga; Os fillos do lume (2017), de Pedro Feijóo ou A viaxe de Gagarin (2014) de Agustín Fernández Paz,
e tamén houbo recomendacións de novidades como O último barco (2019) ou Por puntos (2019), de Manuel Portas,
e recomendacións en portugués: Dormir com Lisboa (2017), de Fausta Cardoso Pires, novela gañadora do II Premio Antón Risco de Literatura Fantástica.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O QUE IMOS LER ESTE MES É...
Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...
-
O día 9 de febreiro o escritor Pedro Feijoo reuniuse cos membros do noso Club para dialogar ao redor da súa obra e da súa concepción da narr...
-
O luns 21 de decembro e o luns 8 de febreiro, ás 3.30 da tarde, tiveron lugar na Biblioteca do IES a 2ª e 3ª reunión do Club nas que falamo...
-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
Ningún comentario:
Publicar un comentario