xoves, 4 de marzo de 2021

Da posguerra e do wolfram: Febre, de Héctor Carré

 Ao fío da última proposta de lectura complementaria vén estoutra de Héctor Carré:



Febre (2011) é unha historia ambientada entre 1942 e 1944 en Noia, onde bole un intenso comercio legal e ilegal arredor da mina de wolfram de San Fins (Lousame). A historia está protagonizada por Carmucha, unha rapaza de 17 anos que decide enfrontarse á súa maneira coa situación represiva da posguerra.

Aínda que o nazismo en Galicia non é o eixo central desta novela, si que está moi presente a recreación do papel que xogou Galicia como subministradora de wolfram para os dous bandos en conflito durante a Segunda Guerra Mundial.

A novela obtivo o Premio Xerais de Literaturatura xuvenil do 2011.

Neste enlace ao blog do autor podedes atopar as súas valoracións sobre a obra.

Nestoutro enlace tedes un artigo moi interesante sobre a historia da mina de San Fins.


1 comentario:

  1. Este creo que se me pasou porque non me acordo de telo lido no seu momento. Téñoo que ler porque a temática promete e o autor, coma sempre, segurísima estou de que non defrandará.
    Grazas pola recomendación

    ResponderEliminar

O QUE IMOS LER ESTE MES É...

  Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...