mércores, 3 de marzo de 2021

Lectura e cinema

 Continuando co tema proposto, os nazis en Galicia na primeira metade do século XX, gustaríame engadir outra proposta de lectura e tamén unha película.


O libro é «O volframio en Varilongo», Santa Comba de Xallas (1941-1963), de Carmen Blanco Ramos. Nesta ligazón atoparedes unha completa reseña do libro. E se queredes profundizar un pouco máis, aquí podedes ler tamén unha ampla reportaxe sobre o tema dos nazis, a industria da guerra e o wolframio nesa época.




E para acompañar a lectura, unha película coa mesma temática e ambientada tamén por aquí cerquiña, que podedes ver se premedes no seguinte enlace: Lobos sucios 

Lobos sucios é un filme español de drama e suspense, dirixido en 2015 por Simón Casal e protagonizado por Marian Álvarez e Manuela Vellés.

Aquí vos deixo unha páxina dos premios Goya 2017 (foi proposta, aínda que finalmente non obtivo o premio) onde podedes ver un resumo do argumento e o tráiler da película.

2 comentarios:

  1. Excelente proposta complementaria. Penso que se trata dun libro moi interesante especialmente para os que lemos 'O exército do fume', no que se menciona a mina de Varilongo.

    ResponderEliminar
  2. Gracias polas propostas Chus. Mañá pasareime pola biblioteca para ver se queda algún exemplar do libro de Carmen Blanco

    ResponderEliminar

O QUE IMOS LER ESTE MES É...

  Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...