domingo, 12 de decembro de 2021

SEGUNDA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

 Lembrade que mañá luns temos a reunión do noso Club, coma sempre na Biblioteca, ás 15:30.

Tal como acordaramos, esta vez xuntamos a reunión de novembro e a de decembro nunha soa, pois co adianto das avaliacións coincidía o último luns de novembro coa semana de exames, decidimos facer unha única sesión agora antes do Nadal.

Nesta reunión comentaremos os libros lidos neste trimestre, e faremos propostas de lectura para o Nadal e tamén para o mes seguinte.

Vémonos mañá!

1 comentario:

  1. Como non poiden asistir a reunión aproveito esta canle para comentar a miña lectura. Ao final lin O cabo do Mundo de Xabier Quiroga, non trata de ningunha viaxe en sí, senón máis ben dunha viaxe (metafórica) as súas orixes.

    ResponderEliminar

LEMBRADE QUE O LUNS 19 TEMOS XUNTANZA E VISITA

Non esquezades que o próximo luns temos a nosa última xuntanza deste curso, para comentar a novela Non temerás os coches amarelos, de Marta ...