A novela que comentamos nesta xuntanza é Del color de la leche, que nos permitiu coñecer outra forma pouco habitual de narrar que, ao principio, pode dificultar entrar na historia, pero que moi pronto captamos a mensaxe e nos deixamos atrapar pola mesma.
Con
ela emocionámonos, enfadámonos, rimos… un libro dos que gustan, deses que
terminas e queres que todo o mundo o lea.
Na
mesma liña, a autora escribiu La escuela
de canto, da que tamén falamos porque varios dos integrantes do club se
animaron a lela.
Para
o próximo mes leremos Deixe a súa mensaxe
despois do sinal, de Arantza Portables. Autora que xa coñecemos porque o
alumnado de cuarto da ESO leu Beleza Vermella, que tamén leron varios membros do club de lectura, xunto con A vida secreta de Úrsula Bas, e en xuño do curso pasado fíxonos
unha visita ao centro.
Anímate
e ven o 13 de febrero!
E ata entón... BO NADAL!
Ningún comentario:
Publicar un comentario