Este luns 8 de xuño, tal e como estaba previsto, reunímonos na Biblioteca do IES co autor de 'Lembranças da Terra', Anxo Brea. Este libro de relatos, previsto inicialmente como lectura para o profesorado do Club, por estar en portugués e por ser de temática científica, resultou toda unha sorpresa pola aceptación entre os membros do alumnado do noso Club; supoñemos que tamén influíu o feito de ser o autor un profesor cunha longa traxectoria no noso centro educativo e do que algúns alumnos tiñan noticia como poeta, mais non como narrador.
Foi esta curiosidade, e o feito de que Anxo fose tamén membro do noso Club, a que nos levou a proponer esta reunión do noso Club centrada exclusivamente nesta obra.
O encontro comezou cunha presentación do propio autor, na que explicou o seu sistema de traballo como escritor, as súas temáticas preferidas e a súa visión do propio feito literario e do subxénero no que el incluiría a súa obra.
A seguir, desde os membros do Club xurdiron cuestión relativas aos coñecementos científicos profundos detectados no libro (e que moito sorprenderon por tratarse Anxo dun profesor de Lingua Galega), ao papel das linguas nun hipotético mundo futuro, a relación da súa obra coa doutros autores clásicos como Asimov, a importancia da memoria como elemento fundamental que configura a identidade do ser humano... A verdade é que foi una charla amena e distendida e que á maioría de nós nos soubo a pouco... ¡Graciñas, Anxo!
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O QUE IMOS LER ESTE MES É...
Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...
-
O día 9 de febreiro o escritor Pedro Feijoo reuniuse cos membros do noso Club para dialogar ao redor da súa obra e da súa concepción da narr...
-
O luns 21 de decembro e o luns 8 de febreiro, ás 3.30 da tarde, tiveron lugar na Biblioteca do IES a 2ª e 3ª reunión do Club nas que falamo...
-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
Ningún comentario:
Publicar un comentario