Comezamos novo curso académico e con el as actividades do noso Club de Lectura. Este ano seguimos moitas das persoas do curso pasado (as 9 profesoras e 10 dos alumnos) e temos 7 novas incorporacións. Entre o alumnado, temos 17 membros (4 máis có curso pasado): Guillermo del Moral e Marcos Esperante (1º da ESO); Alberto Andújar, Alberto Miranda, Balbina Rodriguez e Marco Santos (2º da ESO); Eva Olveira e Nerea Rial (3º da ESO); Nuria Agra, Gala Cernadas, Marina García, Salomé González e Isabel Valiña (4º da ESO), Laura Roget (1º de Bach); Natalia Lena (1º CMXA); Alba Méndez (1º CSAF) e Alexandre Pazos (2º CSAF). Entre o profesorado, temos 9 membros (1 menos có curso pasado): Mª Jesús Barbeira (dpto. Lingua Galega), Ana Penedo (Tecnoloxía), Carmen Rama (Latín), Ana Ramos (Administración), Isabel Regueiro (Física), Marina Rial (Orientación), Rocío Romero (Francés), Carmen Sanjurjo (Lingua castelá) e a coordinadora (Teresa Araújo).
Comezamos as nosas actividades o luns 5 de outubro no horario habitual (3.30 a 4.30) coas presentacións das lecturas para o 1º trimestre deste curso e a escolla por parte dos membros do Club. Neste trimestre, a Coordinadora propuxo comezar coa lectura do poemario 'Terra Chá' de Manuel María, autor ao que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas 2016. O motivo da proposta é realizar un achegamento a esta figura senlleira da nosa literatura e realizar a finais do mes unha visita guiada á Fundación Manuel María, xunto co alumnado de 4º da ESO.
A seguir, as propostas para o resto do trimestre serían as seguintes:
-Para o alumnado de nova incorporación ao Club "Odio el rosa 1", proxecto multimedia composto inicialmente polos libros 'Historia de Sara' e 'Historia de Dani' e xa lido polos membros deste Club o pasado curso. O motivo desta proposta é que este proxecto editorial ten 2 novas incorporacións: 'Historia de Lynda' e 'Historia de Dark' (2015), que tamén se propoñen como lectura para o resto do alumnado.
- A 2º proposta para o alumnado sería a saga do escritor norteamericano Rick Riordan "Percy Jackson y los dioses del Olimpo", comezando polo 1º título da saga: "Percy Jackson y el ladrón del rayo" (2006).
Como última proposta de lectura, para o profesorado e o alumnado máis veterán do Club, a nova novela dun dos autores máis valorados polo nosos membros: Pedro Feijoo. A súa nova proposta narrativa titúlase: 'Morena, perigosa e románica' (2015).
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
O QUE IMOS LER ESTE MES É...
Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...
-
O día 9 de febreiro o escritor Pedro Feijoo reuniuse cos membros do noso Club para dialogar ao redor da súa obra e da súa concepción da narr...
-
O luns 21 de decembro e o luns 8 de febreiro, ás 3.30 da tarde, tiveron lugar na Biblioteca do IES a 2ª e 3ª reunión do Club nas que falamo...
-
Os días 19 e 20 de maio, nos 2º recreos, o alumnado e profesorado do Club de Lectura realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María....
Ningún comentario:
Publicar un comentario