Detémonos especialmente no vídeo: https://www.youtube.com/watch?v=WkCu6-YPnS0 ("The handmaid's tale: framing strong woman") onde se analiza detalladamente como se fixo a adaptación dun texto literario a imaxes.
O traballo con este vídeo permitiunos pechar dunha maneira diferente a nosa valoración deste texto literario, que deixa impactos profundos tanto entre o profesorado como entre o alumnado, malia tratarse dun libro de lectura difícil posto que remove os sentimentos de quen o le.
A última reunión deste trimestre terá lugar o día 19 de marzo e nela, tal e como fixemos na reunión previa ás vacacións de Nadal, procuraremos levar as nosas propostas lectoras para este período vacacional.
Ningún comentario:
Publicar un comentario