venres, 18 de decembro de 2020

2ª e 3ª reunión do club de lectura

 O luns 21 de decembro e o luns 8 de febreiro, ás 3.30 da tarde, tiveron lugar na Biblioteca do IES a 2ª e 3ª reunión do Club nas que falamos do que estamos a ler...




3 comentarios:

  1. OPINIÓN SOBRE O LIBRO WOLFRAM (SERGIO POSE)
    ------------------------------------------------------------------------------
    Personalmente, o libro gustoume moito, a información bastante detallada, dentro do posible; e tanto co tema personajes como co tema ambientación estou bastante contento. Non obstante, houbo cousas que non me terminaron de convencer de todo, como por exemplo que haia tanto saltos temporales ou que haia tantísima información en tan poucas páxinas (é un pouco lioso), si é certo que existe un apéndice con toda información que poidas necesitar para a lectura, pero sempre costa un pouco parar a lectura para ir a mirar as cousas das que te esqueceches ao apéndice jajaja. En xeral, o libro gustoume bastante e creo que é moi fiel á época na que se ambienta, totalmente recomendable!

    ResponderEliminar
  2. (Pablo Martínez Blanco)
    Opinión sobre "Porque as sombras non teñen ollos"
    O libre en xeral gustoume moito por diversos motivos. O primeiro o feito de que o escritor e capaz de levar mui ben a historia narrando todo dun xeito moi natural e de forma mui simple en canto ao estilo. Ademais a historia en si mesma é moi terreal, e dicir faise moi realista e en ningún momento da obra nos parece algo fora do común, considero que se me tiveran dito que era baseada en feitos reais (que ata certo punto si posto que is que se estrelaron avións nesa zona e si había contrabando)
    seguramente o tería crido.

    ResponderEliminar
  3. Opinión sobre "O exército de fume" de Manuel Gago.
    Non era sen tempo, pero non quería deixar de aportar un gran de area sobre a temática nazi a través das lecturas recomendadas.
    O que máis me gustou do libro é como o autor mixtura realidade e ficción revelándonos unha das etapas máis descoñecidas de Galicia, na que os nazis campaban polas vilas galegas mentres os guerrilleiros e guerrilleiras se ocultaban nos montes galegos na difícil etapa da posguerra. A destacar as personaxes femininas que xogan un papel importantísimo na trama. Absolutamente recomendable.
    Rocío Romero Ces

    ResponderEliminar

O QUE IMOS LER ESTE MES É...

  Nesta primeira reunión, ademais das presentacións e a cata de galletiñas de benvida, falamos do plan de lecturas que temos para ir comezan...