domingo, 7 de febreiro de 2016

Reunión do 1 de febreiro

A reunión do 1 de febreiro estivo destinada á organización da actividade do Club para a 2º metade do curso. Por unha banda, a coordinadora fixo a proposta da nova lectura para o 2º cuadrimestre: 'A viaxe de Gagarin' (2014) de Agustín Fernández Paz. Este texto obtivo o Premio Fervenzas Literarias ao Mellor Libro de Narrativa (2014), o Premio Ánxel Casal ao Mellor Libro de Ficción (2014), o Premio da Asociación de Escritores en Lingua Galega (Narrativa), en 2015 e o Premio da Crítica Galicia (creación literaria), tamén en 2015. Vainos permitir, ademais, a utilización do propio blog do autor: http://agustinfernandezpaz.gal/libros/a-viaxe-de-gagarin/




Por outra banda, a profesora Carme Rama tróuxonos unha ficha de traballo elaborada a partir de Percy Jackson e que nos permitirá ter un punto de partida para iniciar o obradoiro de escritura.






perseo.jpgPERSEO
Perseo é fillo de Zeus e de .…………………..
En que se transformou Zeus para conseguir o amor da nai de Perseo?
Que fixo Acrisio ao saber que a súa filla estaba embarazada? Por que?
Quen era Polidectes e cómo interveu no destino de Perseo?
Nome das tres Gorgonas:
Quen eran as Graias? Cómo axudaron a Perseo?

350px-Corinthian_Vase_depicting_Perseus,_Andromeda_and_Ketos.jpgAtenea, Hermes e Hades ofrecéronlle regalos a Perseo. Cales?
ceteo.jpgComo matou Perseo á Medusa?
Cando Perseo chegou a Etiopía, a quen se atopou a punto de ser sacrificada?
Quen era Casiopea?
Que era Ceto?
Como intervén Fineo na historia de amor de Perseo?
Perseo cumpriu en Tesalia unha profecía relacionada co seu avó Acrisio. Cal?
Perseo é bisavó doutro heroe moi famoso pola súa ousadía en doce traballos. Quen é?
pegaso.jpgNome do cabalo alado nacido do pescozo decapitado de Medusa:
Cando este cabalo voou ao Olimpo, que lle levou a Zeus?
Como axudou este cabalo a Belerofonte?
Que deusa colocou no seu casco a cabeza de Medusa?
Que é un catasterismo?
Onde están as constelacións de Perseo, Andrómeda, Cefeo e Casiopea?
Que son as Perseidas?
OUTROS PERSEOS
images.jpgPor que cres que Riordan fai descender a Percy de Poseidón en lugar de Zeus?
O casco que Hades lle prestou a Perseo tiña o poder da invisibilidade. Que personaxe nos libros de Riordan leva unha gorra co mesmo poder?
Hermes proporcionoulle a Perseo unhas sandalias voadoras. Que personaxe leva zapatillas de baloncesto aladas, que Luke tiña como regalo do seu pai Hermes?
No capítulo 2, aparecen "tres anciás que tecen os calcetíns da morte". Averigua quen eran na mitoloxía as Moiras ou Parcas.
O profesor de latín Brunner é Quirón. Busca información sobre Quirón e averigua por que calidade se asocia a un profesor.
Que relación atopas entre Medusa da mitoloxía grega e a tía "EME", que esculpe figuras no seu xardín?
Riordan describe a Thalía como filla de Zeus, convertida en piñeiro. Averigua quen era e cómo se chaman as súas dúas irmás na mitoloxía grega.

COMENTA OS CADROS EN RELACIÓN AO MITO DE PERSEO
Tiziano, Danae recibiendo la lluvia de oro,
1553, Museo del Prado, Madrid.                                              Gustav Klimt, Dánae, 1908
índice.jpeíndice.jpe

Pablo J Porrasgrayas-pablo-j-porras.jpg, Grayas                                                                             Peter Paul Rubens.
                                                                                                Cabeza de medusa, 1618


                                    cabeza-de-medusa-rubens.jpeg

Reunións cinéfilas: 11 e 18 de xaneiro

Como material complementario á lectura da saga de Percy Jackson, nas 2 primeiras sesións do ano 2016 realizamos un visionado da versión cinematográfica de 'Percy Jackson y el mar de los monstruos' (2013) e botámoslle un ollo á páxina web de Percy Jackson: http://www.percyjacksonbooks.com/ .



Reunión do 14 de decembro

A última reunión de trimestre estivo dedicada á presentación de lecturas por parte dos membros do Club. Trátase de libros da mesma autoría que as lecturas deste curso e que os membros do Club quixeron presentarnos. Eva Olveira presentounos o 1º volume dunha saga de Ana Alonso e Javier Pelegrín (autores da saga 'Odio el rosa', lida polos membros do Club): trátase de 'La torre y la isla' (2006), que forma parte de la saga "La llave del tiempo". Para Eva, este libro anticipa moitos elementos narrativos de 'Odio el rosa' como a ambientación futurista, a manipulación xenética ou o dominio das grandes corporacións, e tamén vai acompañada dunha web que complementa a lectura da obra: http://www.lallavedeltiempo.com/



















Por outra parte, e a petición de varios membros do Club (Marina García, Alba Méndez...),  a coordinadora presentou outra saga de Rick Riordan que continúa e complementa a saga de 'Percy Jackson'. Trátase da saga "Los héroes del Olimpo", composta por 5 libros que retoman aos protagonista da saga de Percy Jackson e amplía a nómina con semiheroes romanos.




A propósito desta saga, Carme Rama (profesora de Latín) fixo a proposta de realizar un obradoiro de escritura tomando como partida os mitos clásicos greco-latinos, visto o interese que suscita entre o alumnado este tipo de novelas.




Esta proposta foi acollida con entusiasmo polos membros do Club e acordouse a seguinte proposta de reunións: á volta das vacacións de Nadal realizar un visionado da película 'Percy Jackson y el mar de los monstruos'.

luns, 28 de decembro de 2015

Reunión do 16 de novembro

Despois do "intenso" inicio de actividades do Club en outubro, a reunión de novembro tivo un carácter máis distendido e estritamente literario co inicio da valoración das lecturas escollidas.
Empezando polas lecturas en galego, todos os membros do Club coincidiron en sinalar como moi pertinente e axeitada a lectura do poemario Terra Chá de Manuel María (realizada pola totalidade dos membros do Club), por canto nos permitiu completar a lectura coa visita á Fundación Manuel María, onde se nos ofreceu una perspectiva moi ampla da vida e obra deste autor.


Respecto á 2ª das lecturas en galego, Morena,perigosa e románica, de Pedro Feijoo, escollida pola maioría do profesorado e por algún dos alumnos, coincidimos en sinalar a sorpresa inicial debida ás diferenzas cos libros anteriores do autor e o uso da comicidade como elemento central da novela. A este respecto, algún dos alumnos do Club que non estaban o curso pasado escolleron a lectura das novelas anteriores do autor, como Memoria da Choiva, e iniciaron un debate moi interesante respecto das similitudes e diferenzas co texto máis novo.



Respecto das lecturas en castelán, nesta reunión valorouse Percy Jackson y el ladrón del rayo, de Rick Riordan (1º vol. da saga) que foi a escolla maioritaria entre o alumnado do Club. Deste texto realizamos un primeiro achegamento na que se puxeron de manifesto aspectos como a reutilización dos mitos clásicos  gregos, as similitudes con outras sagas xuvenís (Harry Potter) ou a posibilidade de conectar estes mitos coa actualidade.


Respecto á 2ª lectura en castelán, os volumes Historia de Dark e Historia de Lynda (Odio el rosa 2), só nos deu tempo a realizar un breve comentario de Historia de Dark por parte dunha das alumnas do Club.


sábado, 7 de novembro de 2015

En outubro o Club Letraferit viaxa, vai ao cine e recita poesía...

Neste mes de outubro o alumnado do Club de Lectura incorporouse a dúas saídas extraescolares de moito interese literario. Así o día 19 pola tarde desprazámonos a Cee co alumnado de 1º de BACH para asistir á proxección cinematográfica da novela de Domingo Villar 'A praia dos afogados'.
O seguinte luns, 26 de outubro, acompañamos ao alumnado de 4º da ESO a Outeiro de Rei a visitar a Fundación Manuel María, situada na casa natal do autor chairego. Nesta ocasión o alumnado do Club tivo un protagonismo especial por canto realizou un recital poético en homenaxe a Manuel María no Salón de Actos da Fundación. Cada alumno/a escolleu o seu poema(s) preferidos da lectura 'Terra Chá' e recitouno para os seus compañeiros. Para ver o vídeo deste acto preme aquí.




Estas saídas cos nosos compañeiros do centro servíronos para dar visibilidade ao Club dentro do centro pero tamén para que os membros do Club se coñezan mellor entre si.

Comeza o curso 2015-16 con poesía e novas novelas

Comezamos novo curso académico e con el as actividades do noso Club de Lectura. Este ano seguimos moitas das persoas do curso pasado (as 9 profesoras e 10 dos alumnos) e temos 7 novas incorporacións. Entre o alumnado, temos 17 membros (4 máis có curso pasado): Guillermo del Moral e Marcos Esperante (1º da ESO); Alberto Andújar, Alberto Miranda, Balbina Rodriguez e Marco Santos (2º da ESO); Eva Olveira e Nerea Rial (3º da ESO); Nuria Agra, Gala Cernadas, Marina García, Salomé González e Isabel Valiña (4º da ESO), Laura Roget (1º de Bach); Natalia Lena (1º CMXA); Alba Méndez (1º CSAF) e Alexandre Pazos (2º CSAF). Entre o profesorado, temos 9 membros (1 menos có curso pasado): Mª Jesús Barbeira (dpto. Lingua Galega), Ana Penedo (Tecnoloxía), Carmen Rama (Latín), Ana Ramos (Administración), Isabel Regueiro (Física), Marina Rial (Orientación), Rocío Romero (Francés), Carmen Sanjurjo (Lingua castelá) e a coordinadora (Teresa Araújo).

Comezamos as nosas actividades o luns 5 de outubro no horario habitual (3.30 a 4.30) coas presentacións das lecturas para o 1º trimestre deste curso e a escolla por parte dos membros do Club. Neste trimestre, a Coordinadora propuxo comezar coa lectura do poemario 'Terra Chá' de Manuel María, autor ao que se lle vai dedicar o Día das Letras Galegas 2016. O motivo da proposta é realizar un achegamento a esta figura senlleira da nosa literatura e realizar a  finais do mes unha visita guiada á Fundación Manuel María, xunto co alumnado de 4º da ESO.




A seguir, as propostas para o resto do trimestre serían as seguintes:
-Para o alumnado de nova incorporación ao Club "Odio el rosa 1", proxecto multimedia composto inicialmente polos libros 'Historia de Sara' e 'Historia de Dani' e xa lido polos membros deste Club o pasado curso. O motivo desta proposta é que este proxecto editorial ten 2 novas incorporacións: 'Historia de Lynda' e 'Historia de Dark' (2015), que tamén se propoñen como lectura para o resto do alumnado.



- A 2º proposta para o alumnado sería a saga do escritor norteamericano Rick Riordan "Percy Jackson y los dioses del Olimpo", comezando polo 1º título da saga: "Percy Jackson y el ladrón del rayo" (2006).



Como última proposta de lectura, para o profesorado e o alumnado máis veterán do Club, a nova novela dun dos autores máis valorados polo nosos membros: Pedro Feijoo. A súa nova proposta narrativa titúlase: 'Morena, perigosa e románica' (2015).








sábado, 13 de xuño de 2015

Encontro co autor de Lembranças da Terra

Este luns 8 de xuño, tal e como estaba previsto, reunímonos na Biblioteca do IES co autor de 'Lembranças da Terra', Anxo Brea. Este libro de relatos, previsto inicialmente como lectura para o profesorado do Club, por estar en portugués e por ser de temática científica, resultou toda unha sorpresa pola aceptación entre os membros do alumnado do noso Club; supoñemos que tamén influíu o feito de ser o autor un profesor cunha longa traxectoria no noso centro educativo e do que algúns alumnos tiñan noticia como poeta, mais non como narrador.


Foi esta curiosidade, e o feito de que Anxo fose tamén membro do noso Club, a que nos levou a proponer esta reunión do noso Club centrada exclusivamente nesta obra.

O encontro comezou cunha presentación do propio autor, na que explicou o seu sistema de traballo como escritor, as súas temáticas preferidas e a súa visión do propio feito literario e do subxénero no que el incluiría a súa obra.


A seguir, desde os membros do Club xurdiron cuestión relativas aos coñecementos científicos profundos detectados no libro (e que moito sorprenderon por tratarse Anxo dun profesor de Lingua Galega), ao papel das linguas nun hipotético mundo futuro, a relación da súa obra coa doutros autores clásicos como Asimov, a importancia da memoria como elemento fundamental que configura a identidade do ser humano... A verdade é que foi una charla amena e distendida e que á maioría de nós nos soubo a pouco... ¡Graciñas, Anxo!

 

ATA SETEMBRO!

  Onte tivemos a nosa última xuntanza deste curso. Acompañounos David Cortizo Nieto, autor de Púrpura Tero Para pechar este curso que dedica...