Nesta Semana do Libro tivemos reunión do club para facer valoración das lecturas que estamos a realizar, especialmente dos libros de Manuel Iglesias Turnes, que nos visitará o 14 de maio.
O alumnado decántase por destacar a vindicación da vida no rural que se realiza en 'Que non te aten' posto que o habitual para eles non é ler libros de literatura galega actual con esta ambientacións, senón ambientados nas cidades ou memos fóra de Galicia. O profesorado do grupo sinala que 'As rapazas de Xan' está a resultar unha lectura que os conecta con experiencias e lembranzas familiares, con historias evocadas nas reunións de familia, ademais de compartir as opinións do alumnado.
Polo que respecta a 'Izan o da saca', de momento só varias profesoras do grupo se decantaron por esta lectura ao priorizar os libros de Iglesias Turnes pola visita do escritor, polo que esperaremos ás vindeiras reunións para a súa valoración. O mesmo ocorre coa proposta en castelán 'Inés y la alegría' de Almudena Grandes.
A reunión rematou coa presentación dun agasallo especial que a profesora Ana Penedo (veterana membro do Club e coordinadora TIC do centro) nos tiña preparado para o Día do Libro: modelados 3D feitos a partir de obxectos reais, os nosos libros do Club!
Estes son os libros do 1º cuadrimestre:
Estes son os do 2º cuadrimestre:
Foi un agasallo moi especial que valoramos todos con entusiasmo
Acordamos volver reunirnos o día 7 de maio para organizar o encontro con Iglesias Turnes (preguntas, rolda de intervencións, etc.).
Ningún comentario:
Publicar un comentario